verbas

Cultur.gal, ese chiringuito

Posted in do que penso by spav on 9 Decembro, 2008

Vamos a deixar de lado que o Cultur.gal é unha mamada de pirolas; unha feira de catro colegas. Olvidarémonos de que é un acto para xustificar presuposto, de que a meirande parte da xente xa coñecía as sinerxías da industria cultural galega (seica hai vida máis alá das editoriais, o que xa non sei é se será intelixente).

Centrémonos no Music.gal. Foi un deses actos gravados pola Telegaita para cubrir o espazo baldeiro dalgún partido non emitido. Recheo, esa foi a clave das actuacións. Tres temas e seguinte, tres e seguinte, tres e…Recheo. A noite avanzou e chegamos ó punto álxido de vergoña allea, de amateurismo imperdoable. “Trágame camión” foi o que sentiu toda a fila na que me sentaba ante a performance de Estíbaliz Espinosa. Descoñecida para moita xente da sala, supoño, pero asegurareime de non acudir a ningún acto no que actúe ou, vivadiós, o que queira que faga esa señora. Ademáis dun insulto cara o público, foino cara os seus compañeiros de cartaz quenes se distinguiron por actuacións profesionais cada un no seu pau. Non me malinterpretedes, non me meto co que fai (curiosamente similar á obra doutra boa peza, YC), o que pasa é que non soporto ver como unha persoa disfruta dunha palestra ante 1500 persoas (a sumarlle a audiencia televisiva) para marcarse dous power-points mal feitos,cutres ata dicir basta, un dos cales levaba base de Massive Attack. A orixinalidade morreu nalgú reality show. Aficionados youtubers, trapallada fotologueira, amateurismo esquizoide.

O mellor da noite veu despois, moitos coñecidos, e moita festa por diante nun día de cans. Fumos quedando os elixidos, quenes chegamos ó Delicias para repoñer forzas e poñer proa cara as sabas; e a olvidarse do que esa xente entende como cultura galega. Eu estou máis cos de Chévere: a cultura faise na taberna. De toda a vida.

Máis do mesmo: ghanito, os neveros, goretoxo e brenlla tamén teñen algo que dicir.

Tagged with: , ,

79 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 12:00

    Queridismo señor:

    En primeiro lugar: quen dixo que se trataba de vídeos [non de powerpoints] cutres FUN EU diante do público. Non faga súas palabras ditas por min e que residen na propia concepción do que levaba comigo. DIXEN que os vídeos [non powerpoints, señor, son vídeos] non estaban feitos con material profesional, senón con material que un ten a man na súa propia casa. Ou sexa, en ningún momento fun de profesional da imaxe nin nada semellante, porque ACLAREI que as vistas de aeroxeneradores foran tomadas cunha cámara de fotos a música de cryohibernación compuxéraa eu co sound forge na miña casiña. Tamén aclarei o de Massive Attack que, a maiores, figuraba acreditado ao final do vídeo.

    A miña intervención quixen que rematara comigo mesma lendo directamente un texto [o audiovisual de toda a vida, dixen] porque o meu traballo NON É O DO VÍDEO. Os vídeos son soportes para as palabras e as ideas que é co que traballo. Sucede que, en vez de poñer un vídeo de aeroxeneradores que me baixe do youtube, e que seguro estaría moito mellor gravado có meu, prefiro poñer un meu, aínda que estea mal feito e trema a cámara.

    Pero fun con todo iso por diante. En ningún momento presenteime como outra cousa que escritora nin quixen facelo. En ningún momento. Faltaría máis. Todas as palabras coas que vostede me afaga na súa crónica, foron ditas alí, nesa palestra ante 1500 persoas [e parte de Portugal], por min mesma.

    Dixen: son imaxes cutres. Dixen: graveinas eu cunha cámara de fotos. Dixen. este tema é de Massive Attack. Os outros dous, son meus.

    A orixinalidade das súas Verbas… tampouco é a orixinal.

    Asegúrolle que a miña profesionalidade como escritora non me parece ningún insulto a ningunha audiencia.

    E agora eu pregúntolle: verdadeiramente cre vostede na orixinalidade?
    Verdadeiramente é acabar coa cultura que un escritor presente un vídeo caseiro co seu texto por riba? É o TEXTO do que eu viña falar, señor Bervas comosechame.

    Non é a súa crónica tamén a dun amateur? E sen embargo é válida.

    Por certo, o de “curiosamente similar á obra doutra boa peza”, coido que indica que descoñece por completo ambas pezas e resume, dun xeito amateur bastante esquizoide, unha crónica blogueira aficionada dalgún trapalleiro.

    Perdoe a miña ironía e a miña acidez. Son cousas que tamén caracterizan o que eu fago, monseñor, e que vostede, polagraciadevivediós, alégrome que NON vaia coñecer.

    Oh. Pero saúdos, claro.

  2. Spav said, on 9 Decembro, 2008 at 14:01

    Ains….non se poña así, muller..no fondo, no fondo debería de darme as gracias. As gracias porque alguén lle diga claramente que o que fai é…é bastante triste. Sinto…sinto ser o primeiro, pero debería coidarse da xente que se rodea se de verdade lle dixeron que o que facía era profesional e digno de calquera evento que non fose un amago de performance diante duns amigos.

    Diosqueira que a medio Portugal non asocie todo o bo que se fai aquí co que vostede fixo este sábado.

    Vólvollo a repetir, que creo que non me leu ben. Non critico o seu traballo, critico a pouca profesionalidade coa que está feito. Tomei as súas palabras como miñas nunha mostra irónica, pero vexo que a entrada da galipedia sobre vostede non é correcta e non é certo o que vostede dí ahí arriba, non capta unha ironía tan sinxela coma esa.

    Fixeime nos créditos, e sí, ten vostede razón, mencionaba a Massive Attack como banda sonora, pero coido que ese tema (Teardrop) non está licenciado baixo Creative Commons…, pero vamos, deixémolo correr…

    A min non me pagan por dicir a vergoña allea que me provocou vostede o sábado. A vostede, pola contra sí por provocarma.

    Sen acritude ;-)

  3. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 14:43

    “Tomei as súas palabras como miñas nunha mostra irónica” Jajaja. Sí, home, si. Todo o que non nos gusta como foi interpretado ou cando se nos ve o plumeiro e somos pillados nalgún significado que non nos interesa… é que é irónico, home.

    E onde acredita vostede que as súas palabras eran miñas?

    Vostede ironía? Vostede terá mala baba. Vostede manexará opinións de segunda man. Vostede terá mala leche. Vostede será un culturetas de sofá.

    Pero ironía non. Iso non. Fai falla máis distancia intelectual para iso.

    Coa miña máis devota inacritude

    PD/ Por certo, nin sequera sabía que me pagaban!

  4. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 14:49

    E dende logo: o que fago non é triste, señor Ferfas.

    É…mmmm… é irónico.

    Dálle envexa?

  5. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 14:54

    A min, o que vostede di e cómo o di, dáme pena

  6. Spav said, on 9 Decembro, 2008 at 15:01

    Sobre o da ironía…en fín, olvídeo, coido que é demasiado complexo para vostede.

    Culturetas de sofá?, se é un cumplido, gracias! e senón…tamén!

    ¿Distancia intelectual? XD eu tamén quero probar esas drogas que fan que unha persoa acuñe cousas así…

    P.S.: Que a vexan 1500 persoas é todo o máis valioso que seguramente terá en toda a súa carreira, coido que vai pagada máis que de sobra.

    Sen acritude

  7. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 15:06

    Pero grazas, moitas grazas pola crítica. Constructiva, obxectiva, debullando os cómos e os por qués. En fin, unha crítica chea de ironías finas e sutís. Tan sutís que o que parece é unha patada de elefante de alguén que non sabe explicar por que non lle gustou o que víu.

    Porque o de que os vídeos eran caseiros… xa o comentei eu.

    En fin. Naturalmente non lle vou gustar a todo o mundo nin é esa a miña pretensión.

    A miña única pretensión era que os textos [repito que son escritora] se criticasen cun mínimo de siso.

  8. Spav said, on 9 Decembro, 2008 at 15:21

    ¿Que lle faga unha crítica seria?…é verdade o que din, a vaidade é atrevida. Non lle darei tal gusto de dedicarlle tempo como para facerlle unha crítica seria, dedícolle máis ou menos o mesmo tempo que vostede debeu dedicarlle ó traballo que expuxo perante un auditorio cheo de xente.

    E, por deus, non vaia pedindo críticas serias así tan á lixeira, senón non haberá suficientes psicoanalistas no país que a poidan arranxar.

    Unha vez máis, sen acritude.

  9. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 15:25

    Non, home, móllese sobre o da ironía. Non lle sae nada?

    Daquela as drogas que probou vostede non viñan co prospecto correcto. Probe coa vicodina. Para a autocompracencia e a redundancia vai bárbaro. Mire que cotas de pantalla acada.

    Xa sabía que lle ía encantar o de culturetas de sofá. Iso foi un agasallo de Nadal. Probablemente o único afago que reciba na súa vida.

    Sobre o das 1500 persoas de pago… espere, dáme o riso.

    A miña carreira? Pero de que carallo fala? Da Jurado?

    Marcho. A súa altura mental dáme mal de baixura.

    Grazas polo link e por falar de unha, mesmo que sexa mal.

    Ánimo e a seguir escrivindo, ferfas spaviladiyas!

  10. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 15:34

    Que me critique vostede?

    A ignorancia é aínda máis ousada cá vaidade, seica.

    Criticar só é apto para alguén versado en:

    1.- pensar
    2.- escribir
    3.- ironizar
    4.- tomar drogas competentes
    5.- pensar que nada disto é certo

    Vostede tómase a si mesmo demasiado en serio. Á vostede e á súa suposta ironía e ás súas supostas críticas.
    Síntoo, non me vale.

    A vaidade non é a atrevida, éo a ignorancia. Imaxine un ignorante vaidoso con ínfulas de irónico!

    Xa o imaxinou?

    Ben, agora, aguánteo o resto da súa vida.

  11. ascárida said, on 9 Decembro, 2008 at 15:49

    Pero xa sabe andar co Power Point?, porque pensar xa sabemos que pensa, escribir vese que escribe, ironizar di vostede que tamén e o das drogas ben se ve.

  12. Spav said, on 9 Decembro, 2008 at 15:58

    A ver muller, por partes, que se me pon nerviosa…xa ve que lle deixo un tempo para que escriba un par de comentarios mentras se calma e pensa o seguinte comentario pretendidamente ferinte.

    Vexamos, a vicodina aquí non se vende, por moitas series de ficción que vostede vexa, faga o favor de chamarlle polo seu nome, hidrocodona, oxicodona ou mesmo codeina, esta última sí que ma recetaron algunha vez. ¿esas son todas as súas referencias? ¿unha serie de televisión?…pois vaia unha escritora…en fin…

    Sobre o dos agasallos…¿que quere que lle diga? non me gustan os agasallos, non me sinto máis ou menos feliz porque me regalen algo sempre nas mesmas datas; inda que vexo que vostede cimenta a súa felicidade niso, unha vez máis, volvo a sentir pena por vostede.

    Sobre o que lle de o riso…é curioso, a min e a xente que me rodeaba caíannos as bágoas ao ver que se podía asociar cultura co que vostede perpretrou o sábado.

    Sí, a súa carreira, supoño que terá unha carreira profesional…quero pensar que non vive do aire, e créame que o intento, pero se todo o que fai é do calibre do do sábado…sinto dicirlle que vai pasar fame.

    A pesar de que non o crea, seguirei escribindo, si, expresando as miñas opinións e gustos.

    Non me de as gracias polo link, inda que se o que pretende é que a xente visite a súa páxina…fágase algo profesional muller, inda que iso non vaia con vostede…rásquese o bolsillo e pague por algo ben feito, seguro que lle funciona mellor en lugar de armar rebumbio na rede entrando en cada blog que falou da súa actuación do sábado e buscando o seu nome en Google durante todo o día. Isto é un consello de amigo.

    Sobre o seu segundo comentario no que se dedica a insultar…nin me molesto.

    Sen acritude

  13. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 16:02

    Iso, amiguiños a min!

    Ascárida, o das drogas vai como condición sine qua non para os críticos. Eu non vou de crítica. Dicíallo a Berbas.

    Vostede crítica… non vén sendo, non?

    Eu na vida dixen que soubese ironizar. Ironicei sobre o ironías que asina esta páxina. Que di que si. El.

    Co Power Point sei andar o xustiño como para que vostede se crea moito mellor ca min. O xustiño xustiño.

    Claro que a min fedellar no power point, por sorte, non é o que me interesa nesta vida. Debe de ser tristísimo saber fedellar en tantas cousas sen ter nada con que rechealas.

    Ben se ve.

  14. Spav said, on 9 Decembro, 2008 at 16:16

    Por favor, ¿de verdade pensa que teño que chamar a alguén aquí para defender as miñas ideas?….

    Daríame vergoña dicirlle a alguén que me axudase a argumentar contra vostede, se inda fose contra alguén do meu nivel ou así, pois pasaba…, pero con vostede non se preocupe que mentras poño un tendal de roupa dame de sobra.

    Mire unha cousiña…, vou traballar e tal…, ¿se quere seguimos á noite?

    Non se alporice moito ata que volva, pronto estarei aquí para dedicarlle o meu cariño todo, que ben se ve que o necesita.

    Un saudiño

  15. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 16:19

    Non, o tempo precisouno vostede para buscar en google Vicodina, igual que precisou tempo para buscarme na galipedia. Igual que precisou tempo para armar algo supostamente enxeñoso que responder mentres eu escribía varios comentarios. Seica, mesmo tivo que chamar a un profesional do enxeño. E rascarse a faltriqueira.

    E faise o hiperculturetas falando mal do Nadal e das series de televisión! Co sagrado que é iso para outros hiperculturetas! A min dáme igual, pero eu de vostede andaría con coidado para non deitar semellantes insinuacións sobre a súa catadura moral en público.

    Non me fixo falla buscar nada en google: o link a esta páxina brindoumo vostede mesmo.

    Pero faime graza porque polos seus comentarios véselle tanto o plumeiro: o profesional para vostede é algo de pago. Vaiapordeus. En fin, polo de agora, non engado nada.

    Consello de amiguisma: cando vaia escribir o berbo perpetrar, séntese tranquilamente, respire, tome a vicodina, ou mellor a yocaína, vaille máis [busque, busque] e escriba amodiño, sen poñer erres de máis, ande, bervas. Perpretou non existe en galego.

    Corríxao, xa que administra esta páxina e os seus comentarios.

    A ver, tome aire. Tome drogas. Tome o que sexa. E agora rásquese o cerebro para responder.

    Non creo que sexa vostede dos que deixan aos demais coa última palabra, mesmo despois de insultalos sen xeito. Non creo que sexa vostede nada en absoluto. Máis que bervas, verbas, verzas…

    Regálolle o intertexto.

  16. anllo said, on 9 Decembro, 2008 at 17:16

    si en galego non leva til, non?
    voume ter que facer escritor eu tamén… :D

  17. VACILIO said, on 9 Decembro, 2008 at 17:37

  18. Odemo said, on 9 Decembro, 2008 at 17:47

    Hoje e sempre: FREE SPAV!

  19. piugo said, on 9 Decembro, 2008 at 18:57

    Pero que baixeza a de Estíbaliz vir escribir aquí. Que o faga eu, un langranote coma poucos, pasa, pero vostede, escritora de borralla que non ten nin puta idea de nada. Artista, dirase, cago no demoño. Que vergoña onde van os cartos do contribuínte

  20. Manuel said, on 9 Decembro, 2008 at 19:08

    Dame a min que isto é unha montaxe. En realidade Spav é Estíbaliz son noivos e esto é, como lle chaman os ingleses, un “publicity stunt”.

  21. Xoán Galego said, on 9 Decembro, 2008 at 19:52

    Como as gasta Estíbaliz Espinosa: censura que algo queda.

  22. Kiko das Leiras said, on 9 Decembro, 2008 at 20:13

    E logo isto non será cousa do marketing viral ese pra atraer visitas ao blog?

    Realmente existen Spavi e Estibalis?

    Saben a CIA e a DEA o das drogas competentes??

  23. orsinia said, on 9 Decembro, 2008 at 20:38

    Cacho entrada na galipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Est%C3%ADbaliz_Espinosa

  24. ghanito said, on 9 Decembro, 2008 at 21:07

    Orsinia, e xa actualizada cunha foto do outro día.
    Iso é eficacia, así facemos pais engadindo edicións á Galipedia.

  25. Spav said, on 9 Decembro, 2008 at 21:44

    Boas de novo Estíbaliz,

    Non lle vou dar máis importancia ó seu comentario, tan só comentar que basear os teus pretendidos desprezos nunha falta ortográfica é digno de primaria. Non me vou molestar en corrixilo, para que quede constancia do seu patalexo. Do resto de calificativos…nin me molesto. Pero dicir que deberías mirarte iso da adolescencia tardía…

    Anllo, si, teño un vicio moi malo de acentuar o si en galego. Pido desculpas.

    Manuel, para nada, inda que ela o esté utilizando así. Polo menos sabemos desenmascaramos a un pseudo intelectualoides do país.

    Xoan Galego, xa vexo ó tipo de persoa detras da pseudo-intelectual, unha persoa manipuladora, curioso, non sí?

    Kiko, desgraciadamente, sí, isto estalle dando folgos á súa carreira ¿profesional?. Non era a miña intención, pero é declaradamente o que busca, que falen dela, inda que sexa mal.

    Orsinia e Ghanito, non sei porqué, pero lembreime, e moito daquela polémica con Lucía Etxebarría.

    Estíbaliz, anda, faga o favor de non facelo peor, que se está poñendo (máis) en evidencia muller.

  26. […] E xa para terminar…E para que se vexa que este é un blog pegado á actualidade Coméntenos algo da actuación de Estíbaliz Espinosa no Cultur.gal… Que lle pareceu? ascárida: Pareceume cutre, pero non polo que ela cre que llo di todo o […]

  27. ra said, on 9 Decembro, 2008 at 22:09

    xa te podías ter presentado en directo.
    unha pena non ir ao delicias, pero quedaba na outra punta da cidade. delicias en san agustín XA!
    en cuanto al tema que nos ocupa: very metal!!!

  28. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 22:25

    Non o desprecei pola falta hortográfica, ome. Aconselleille aproveitase cando escribise esa palabra, “perpetrar”, para tomar aire, para tomar a sublingual, para tomar vento… Que se relaxase.

    Os meus desprezos van moito máis aló ca iso. Non focalice. Non pretenda quitarlle importancia aos demais.

    Vese que escribe nervioso. Tantas faltas, tantas erratas. Está nervioso? Se estou traendo xente ao seu blog! Xente da súa, claro, por aquí outra non se ve. Se aínda lles estou a fornecer tema de conversa para as cervexas aburridas de sempre!

    O seu paternalismo de cura autocompracido na súa igrexa cos seus fregeses lambéndolle o cu éme repugnante. Iso si ponse en evidencia: que isto é un chiringuito de 4 amigos. Iso si é pseudointelectualidade.

    E por suposto que censuro os comentarios do meu blog que me faltan ao respecto. Se me van insultar, aldraxar e pretender humillar como se ten feito aquí, que non sexa no blog que manteño. Prefiro meterme na gorida dos lobos.

    Agarden, o lobo é un animal demasiado nobre.

    Na das hienas.

    Xoán Galego. Esa ficción que mellorei? Quedou moito mellor así.

    De verdade pensan que me vou quedar sentada e caladiña mentres me insultan dun xeito totalmente absurdo e infundado e veñen a facelo ao meu blog? Mentres arremeten contra o que fago sen criterio algún? Só porque non pertenzo á freguesía? Ti o farías, Verbas? Para que che pregunto nada? Non es digno nin de responderme.

    Sen embargo, vexo que respondes e respondes, non vaia ser que quede eu coa última verba no teu blog. Non é?

    Veña, insulta, sermonea. Ponte ti en evidencia sendo como es un anónimo covarde. Alomenos a miña evidencia é evidente, vai a cara descuberta. E non entrei ofendendo e insultando senón defendéndome. Alomenos quédame esa dignidade.

    Ti que tes? Este blog, 4 amigos e resentimento.

  29. Spav said, on 9 Decembro, 2008 at 22:58

    Ains…cada vez máis triste… Aburre.

    Troll

    Agora veña, saque peito e diga que me achanto, que non teño argumentos e bla bla bla…que quero rematar xa.

    Discurso típico de troll; tí igual non, pero a maioría da xente que leu isto sabe que cumpres ese perfil e estase rindo de tí.

    Se ó final a culpa téñoa eu oh!, tantos anos nisto e nunca me lembro de non dar de comer ó troll…

    Unha aperta Estíbaliz, e lembre, sen acritude. ;-)

  30. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 23:03

    “Desenmascaramos a outro pseudo intelectualoide do país!” Vaia perla. Só porque me defendo dos seus insultos? Vostede é patético.

    Isto é coma o Ku Klux Klan. Eles desenmascaraban indo enmascarados.

  31. estíbaliz... said, on 9 Decembro, 2008 at 23:11

    “Los trolls habilidosos saben que una forma fácil de enfadarle es afirmar deshonestamente que dicha persona es un troll.”

    Curioso. Dende o punto de vista do meu blog, o troll foi vostede. Vostede entrou insultándome e provocándome a título persoal.

    Ve? Nin por asomo me deixa coa última palabra. Home tiña que ser.

  32. cesare said, on 9 Decembro, 2008 at 23:30

    Aghasús…
    Este debate non foi nada produtivo polos contidos. Pero ver a unha poeta como Espinosa arrebolarlle de todo a un blogueiro de pelo caído como Spavi —e viceversa— é do melloriño desta semana.
    Todo estaba parecendo moi soso…

  33. cesare said, on 9 Decembro, 2008 at 23:35

    Por outra parte… no falla:
    O artigo Estíbaliz Espinosa na Galipedia foi creado por un usuario chamado Novembro. Curiosamente, as únicas contribucións wikipédicas de Novembro ao longo dos últimos tres anos foron o artigo Estíbaliz Espinosa e a inclusión de Estíbaliz Espinosa na “lista de autores en lingua galega”.

  34. estíbaliz... said, on 10 Decembro, 2008 at 0:26

    A difamar todos

  35. Fátima Outeiro said, on 10 Decembro, 2008 at 1:05

    a min o pior de todo, máis alá de que a estí se lle escapen os átonos por onde non é o debido, é que a poeta en cuestión mereza o dobre de espazo na galipedia que emilio araúxo.

    por exemplo.

    máis alá diso, estíbaliz, é mellor que non recibas nunca unha crítica da túa obra poética.

    creo que o spavi tampouco cha fixo, non? que máis queres?

    non estaban as cañas a dous euros?

  36. Eu também quero flames no meu blog said, on 10 Decembro, 2008 at 1:53

    […] a Spav pola sua polémica, que sei que gosta de How I met your Mother. Para os que nom seguem a série este video. […]

  37. estibaliz... said, on 10 Decembro, 2008 at 9:05

    Na serie de difamacións esqueceron incluír que violo doncelas.

    Non teño máis que dicir aquí. Quedade insultando ás vosas anchas, amiguiños.
    Agora, como a alguén se lle escape un plugin ou un powerpoint… rodarán gafopastas!

  38. Calidonia said, on 10 Decembro, 2008 at 10:24

    Disclaimer:

    http://calidonia.blogaliza.org/2007/12/04/declarome-estibalista/

    Intro:

    Esta vai ser unha intervención única e extensa. Se Vostede, amable lector/a, quer un resumo déixolle só unha ligazón: http://twitter.com/calidonia/status/1047787161 (o termo gilipollas é un copyleft, excúsenme por non mencionar a fonte).

    Verán, para min que todo este sainete é unha burda copia e retrouso do famoso affaire YC (véxase http://calidonia.blogaliza.org/2007/10/17/un-erro-non-amana-outro-erro/, si, confésome culpábel de autobombo). Se Vostede, prezado lector/a ten dúbidas, verá que intercambiando YC por EE o resto dos protagonistas conforman practicamente o mesmo elenco. Unha pandilla, uns amigos, amigas e amigotes levando á súa máxima expresión un dos lemas dos ASF: Mata os teus ídolos.

    Crítica:

    [Feira de catro colegas]. Menos sodes aquí a criticar e difamar a EE. Se de algo sabemos en Galiza os que aínda falamos en galego é que somos pouquiños, sempre. Para grupos reducidos que promovan o sucidio colectivo recomendamos encarecidamente que formen unha asociación tipo Galicia Bilingüe.

    [Acto para xustificar presuposto]. Ben. A cultura galega é unha cultura subvencionada. E debe selo, ou die. Que non gusta dese xeito de promovela. Propoña outro. Non diga que non lle vale nada e sexa construtivo.

    [Telegaita]. Moi propio dos urbanitas. Gustaríame saber que opina Orsinia disto. Se cadra o tópica desmorónase por si só.

    [“Trágame camión” foi o que sentiu toda a fila na que me sentaba.] Debemos entender que toda a xente que escribiu arriba, a excepción de EE, era a que sentaba consigo nesa fila? Coñecemos outras opinións do respectábel, máis numerosas e en sentido diametralmente oposto ou cando menos neutral. Eu non opino porque non estiven alí. pero si teño unha opinión formada sobre a valía e a profesionalidade de EE. Confírmano non só a súa bagaxe de obra publicada e premios recibidos (xa sei que aos defensores do bazar todo o da catedral lles cheira, un fundamentalismo polo outro) senón tamén todas as súas actuación que hai colgadas pola rede adiante. Pregúntome cal é a súa bagaxe como crítico Spavi, e a de todos e todas cantos o secundan. Se se tratar simplemente do ruxe-ruxe do mercadillo, enténdoo e eu tamén formo parte dela. Se se queren erixir en crítica seria, creo que están incorrendo nun contradición, o cal nos leva a que efectivamente son Vostedes catro amigos. Outra contradición, precisamente o que criticaba Vostede ao comezo a respecto do Cultur.gal.

    [Curiosamente similar á obra doutra boa peza, YC] Confirma as miñas sospeitas iniciais, o paralelismo dos casos e o descoñecemento profundo e revelador da nosa literatura e, en xeral, da creación artística do noso País.

    [censura que algo queda] Confunde Vostede Xoán Galego liberdade con libertinaxe. A insultar á casa de Dios, se o que lle pon é meterse cos poderosos. Eu tamén censuro a merda que entra no meu blogue. Gústame ter a casa limpa de vermes.

    [Cacho entrada na galipedia] Ninguén pode demostrar que Novembro sexa EE. pero veña a insinuar, o branco está fixado no obxectivo e as armas prontas. Aínda que fora, alguén pode dicirme que ten de malo que un ou unha artista que vive da súa proxección pública utilice a rede, neste caso a Galipedia, para se promocionar. Estar en Facebook en cambio mola, claro. A miña única entrada na Galipedia foi para adicionar un comentario no artigo de Suso de Toro. Convértme nel iso? Que baixeza no debate, mimadriña.

    [O artigo Estíbaliz Espinosa na Galipedia foi creado por un usuario chamado Novembro] Césare. Vostede e eu sabemos MOI BEN o que pode dar de si a Galipedia e o que acolle e a quen acolle no seu interior, verdade? Deixémolo estar.

  39. natalia said, on 10 Decembro, 2008 at 11:38

    A ver, estíbaliz…. cuando una se expone a un trabajo público, lo hace también a las críticas… y no siempre van a ser positivas. Está claro que muchas pensamos que tu trabajo es francamento malo, una impostura, una falacia. A lo mejor deberías reflexionar sobre ello y aprender…o no quieres mejorarlo? darle lo mejor al público? aportar? porque si tu trabajo se reduce a la autoexpresión onanista… mejor te lo haces en casita y gastando tus propios cuartos. Ésa es tu desfachatez.

  40. cesare said, on 10 Decembro, 2008 at 14:48

    Ups, Calidonia, vou ter que responderlle ao da Wikipedia, aínda que eu non son unha persoa demasiado espabilada pra iso, nin controlo moito dese tema. Pero se consulta a regra Conflito de intereses pode ver como está moi desaconsellado utilizar a Wikipedia pra promocionarse a si mesmo, precisamente porque a wikipedia está construída como visualización do que é importante prá comunidade, non do que é importante pra un mesmo.

    Hai unha frase común neses contornos wikipédicos que di: “se Obama non tivese un artigo propio na wikipedia e decidise crealo el mesmo —ou Michelle, ou o seu xefe de prensa— habería que borralo. Por moito que fose Obama. Se Obama é importante, xa outro wikipedista creará o artigo”.

  41. orsinia said, on 10 Decembro, 2008 at 17:09

    Non entendo, que ten de malo que os urbanitas lle chaman Telegaita á TVG? Como se o fan os aldeítas, que me consta que tamén. O que aínda entendo menos é por que reclama a miña opinión, aínda que non teño ningún problema en dala.

    Tamén opinarei sobre isto: que sexamos poucos os que falamos en galego non obriga a estarnos todo o día zugando as pirolas uns aos outros, nin a comprometernos coa culturetada do país nin nada diso. E aínda que non comparto a desmesura da opinión de Spav, non me importa que critique o que lle dea a gana no seu blog, que para iso o ten. E quen se teña que defender que se defenda. Creo que non é cuestion de cantidade de amigos, senón de calidade de argumentos. E aí vese de que pé coxea cada un.

  42. O Peto Lareto said, on 10 Decembro, 2008 at 19:16

    O de “estarnos todo o día zugando as pirolas uns aos outros” ¿Pódese catalogar de sexismo?…

    O que quero decir é que esto é o típico caso de arrebato super ego e ademáis a múltiples bandas.

    Á criticada e presunta “ars-jeta” porque ¡coño! ¿a quén non lle cabrea que fale mal dún un presunto indocumentado?.

    Ó presunto indocumentado porque obviamente pode decir o que lle pete, que sobre gustos non hai nada escrito, pero tamen amola dabondo que te traten de indocumentado.

    Ós siareiros da presunta “ars-jeta” por aquelo de que a crítica da devandita representa a crítica do seu presunto mal gusto.

    Ós siareiros do presunto indocumentado, porque de ser certas as respostas perderán un posible norde cultural.

    A mín, porque ata que escribiu Calidonia non entendía nada de nada do cacho lío este, que resumo nos seguintes puntos:

  43. O Peto Lareto said, on 10 Decembro, 2008 at 19:27

    Sigue por erro de pulsación….

    1º presunto indocumentado (spav):
    Queda claro que indocumentado ou non a presunta “ars-jeta” reparou na súa crítica e non lle pasou coma si tal cousa. Alegrese meu home, que si ela non é unha “ars-jeta” ven de concederlle unha notable importancia á súa opinión.

    2º presunta “ars-jeta” (estibaliz):
    Queda claro que de ser o #1 un documentado reparou na súa actividade ata o ponto de merecerlle unha crítica, e de ser un indocumentado tanta atención pola súa persoa parece un acto de autoinmolación con indudabeis beneficios, mesmo publicitarios, pois eu pobre mortal perdido na emigración dei con vostede gracias a este sensentido e gustóume o que vín.

    3º siareiros da presunta.
    Neste caso o mellor era calar e dar tabaco, que o tute manexábano ben eles soiños.

    4 Siareiros do presunto.
    Neste caso o referente crítico cultural suponse nun nivel superior de consciencia que lle confire a presunción de autodefensa autosuficiente.

    5 Eu mesmo.
    Non sei se tería sido mellor calar, porque como teña que clarexarlle a cada un o que intento explicar vou rematar colgado dunha figueira.

    Resumindo, o mesmo que contra do defecto de pedir está a virtude de non dar, contra o que non nos gusta está o de non roelo, para o demáis mastercard e seguro que para algún mesmo a cope….:D

  44. O Peto Lareto said, on 10 Decembro, 2008 at 19:48

    Esqueceuseme aquelo de “non ofende quen quere…”, “a verbas necias…”, etc. etc.

    Vamos, que dous non pelexan si un non quere.

  45. Calidonia said, on 10 Decembro, 2008 at 20:06

    Aprendido Césare, e obrigado pola información. De todas formas iso era un argumento derivado, porque non se sabe a ciencia certa, e ninguén o demostrou polo de agora, que Novembro e EE sexan a mesma persoa. Así que entendo que podo seguir criticando a quenfixo acusacións veladas ou insinuacións sobre iso, ou achegaron informacións relacionadas, creo que Vostede incluído.

    Orsinia, non entendo que adopte unha posición neutral e rexeite admitir que o uso de telegaita neste país é despectivo no 99% dos casos. Non o entendo especialmente porque esa expresión utilízaa aquela xente “urbanita” (aunque te sea de la aldea) que ignora e menospreza (cando non ataca directamente) case todo o que teña a ver co medio rural galego, os seus habitantes e a súa lingua.

    Vostede, até onde eu sei é defensora a ultranza de Luar, Ana Kiro e outras iconas cuxo público quéirao ou non se relaciona intimamente coa poboación galega máis apegada por idade ou residencia ao mundo rural e vilego (así van as audiencias da TVG nas cidades). Por iso non entendo que non queira entrar a valorar o uso de telegaita por parte de Spavi como un prexuízo. É unha decisión respectable pero que creo que evade a cuestión de fondo.

    Unha cousa é dicir amén ao stablishment e outra denigrar (que non só criticar, críaa capaz de captar a sutil diferenza) toda a obra dunha persoa como EE, que por riba salienta entroutras moitas cousas por partillar con todo o mundo e de balde boa parte da súa obra na rede, cousa do que tamén Vostede é defensora, até onde alcanzo a saber.

    De criticar ao que fai Spavi dista un abismo. Non lle queda outra que recoñecelo no seu comentario. Pois ben, esa desmesura é rexeitable, e iso é que eu fago.

    Que todo o mundo pode criticar é evidente, tamén ao crítico. Pero a uns e a outras o mínimo que hai que esixirlles e fundamentos e razóns, e non arrebatos irados e puerís e compadreo entre os linchadores.

    Insisto, non comparto algunhas características do mundo cultural galego pero tamén é verdade que rexeito a mediocridade dos que igualan a todo o mundo por abaixo para achegalos ao seu propio nivel.

    A última crítica é para min, por non atermea un único comentario. Desta vou ver de deixalo en dous.

  46. orsinia said, on 10 Decembro, 2008 at 20:35

    Calidonia, demostra vd entender ben pouco. Da TVG actual, “telegaita” é o máis bonito que se lle pode dicir, así que de neutral nada, aplaudo o termo e asúmoo totalmente. E iso non ten nada que ver con desprezar a Luar ou a xente maior ou da aldea. Alá vostede se o interpreta así, a min tanto me dá, pero non me atribúa ideas que non teño por ben que lle veñan á súa argumentación.

    Polo demais eu non denigrei aqui a ninguén, pero non mesture allos con bugallos. Que alguén ofreza de balde a súa obra na rede, por ben que me pareza, non fai mellor nin a súa obra nin a ese alguén. Se a min me gusta ou me deixa de gustar a obra de EE é algo que ten que ver co meu particular criterio estético, que por outra parte carece da máis mínima importancia nesta absurda discusión.

  47. Calidonia said, on 10 Decembro, 2008 at 21:01

    Ou en tres.

    Se entendo ou non non vai ser polas entendedetas que Vde. me atribúa ou me deixe de atribuír Orsinia. O que eu pense ou o que Vostede pense é bastante indiferente.

    Preocúpame máis (e a calquera que lea isto cun mínimo de información sociolóxica ou de perfís de audiencias) que o que pensa Vde. está máis perto da realidade que do que eu escribín arriba.

    Que por riba negue o que onte mesmo escribía nun xornal paréceme de tomadura de pelo, non a min, senón a quen nos le.

    Creo non tela acusado a Vde. de denigrar a ninguén. Falei en primeiro lugar e sobre todo do autor desta bitácora (co que por certo comparto opinión se falamos doutras anotacións anteriores). E en todo caso se ampliei a miña acusación foi para atinxir a ese coro de Mordor (en feliz expresión doutro blogueiro) que parece adicarse cada ano a atacar con maior ou menor fortuna e razón a unha persoa do noso mundo cultural (curiosamente todas mulleres, todas poetisas e todas da Coruña, mmm…). Non a tiña como partícipe do citado Coro.

    Coincido en todo caso no absurdo, pero non da nosa discusión particular senón no de toda esta páxina.

  48. Spav said, on 10 Decembro, 2008 at 21:02

    Entro na conversa para aclararlle a Calidonia un par de puntos.

    Utilizo o termo Telegaita con agarimo, nunca con desprezo, sempre o fixen e sempre o farei. O argumento de ser urbanita/vilego para usar dito termo paréceme risorio, en tanto en canto eu non me declaro nin urbanita nin vilego, senón de Vilagarcía de Arousa. Que vostede me diga que son urbanita é para mexar e non botar gota.

    Gustaríame saber onde é que eu denigro a obra enteira da señora EE. A verdade é que non o topo, como non topo ningún rastro de haber entrado na súa web a insultala (tal e como dí ela nun dos comentarios). O que si fixen nesta entrada foi entrar a valorar un traballo puntual de EE, para o cal din a miña opinión particular. O feito de que EE entrara ó trapo é só unha mostra de que ten en conta a opinión de calquer anónimo…e iso, en calquer escritor/persoeiro público que se precie un pouco é…¿como chamalo? ¿inseguridade?, ¿inmadurez?, non sei, non dou topado as palabras, non son escritor.

    Que é moi distinto opinar de criticar algo. Se quere fágolle un croquis.

    Concordo con orsinia, isto xa raia o absurdo, pero alá cadaquén.

  49. Odemo said, on 10 Decembro, 2008 at 21:45

    [Comentário núero 50]
    Descansem para colher folgos
    Alé, sigam.

  50. NenoNenoNeno said, on 10 Decembro, 2008 at 22:22

    Isto é moito.

    Que malos sodes todos e todas, carallo. E que entrañables.
    Imaxínovos a todos tecleando. Dalle e dalle. E le. E dille. E volta outra vez.

    Como os vosos nomes só me soan, así como xente ao lonxe, case desfruto dun gran poema coral e intimista.

    Con ese toque cutre tan moderno que reside na inmediatez. Nesas verdades “en tempo real”.

    Que ningún de vós pare, como acaba de dicir o de Gas Natural sobre FENOSA, nada sobra e ninguén sobra :):)

  51. Tanito de La Tani said, on 11 Decembro, 2008 at 1:17

    Eu estiven alí, no culturgal, ca miña querida moza disfrutando dunha xeira de actuacións sentadiño no patio de butacas.
    A verdade é que empezou bastante ben. Homens, O Sonoro Maxín… música de nova fornada e de calidade indubidable, ou induvidável, que ven a se-lo mesmo. Despois dun rato apareceu un vídeo dunha individua que fai palabras de 9 letras usando un programa informático da tele. Vibramos miña moza e máis eu, pero non precisamente de pracer. Qué cousa. Eu pensei: claro, os poetas segregan cantidades de endorfinas tremendas e claro, váiselle-la pelota mazo. Arranxouno recitando un poema en directo e volvendo tolo ó persoal coa reverberación e repetición dos versos gravados. Pero ela foi consciente e escapou co aprauso do público e colorada coma un tomate mirando para o chan. Avergoñada? Non sei, pero non é unha idea descartable ou descartábel.
    Despois dun par de bos grupos musicais e o humor tabernario magnífico de Chévere apareceu un portátil sobre un atriliño alí no medio, e na pantalla do fondo o escritorio de windows. Manda carallo, pensei eu. Colgóuselle-lo musicgal e agora van ter que reiniciar e facer un scandisk. Pero non, deseguido apareceu alí unha mistura entre Luz Casal, a nena do exorcista e a cantante de Within Temptation. O primeiro que dixo deixoume abafado, e abraiado tamén. Dixo que se sentía nonseicomo coma a princesa ou a duquesa de non sei onde…¿verdade? Coma se todos souberamos de que carallo falaba a garota esta. Xa prometía.
    Logo viñeron eses “vídeos” de primeira que relatan xa aí enriba. E unha poesía a coro, lendo do monitor da pantalla do portátil ó estilo Yolanda Castaño anterior. E unha cancionciña gótica polo medio tamén, que xa a esquecía.
    Memorable. Eu pensei: bueno, se vale esto entón vou ir coller ó roteiro da eurocopa que teño na casa sen estrear e voume poñer a dar toques á bola cunha música de fondo e ó carallo. Arte puro. Incrible. Qué cousa. Isto aderezado cun fondo de pantalla dos peixiños aquel do windows 95 ía ser xa a caña.
    Está claro que a arte moderna e os novos conceptos e linguaxes non están ó alcance de todos, pero unha cousa é ser moderno e outra é intentar toma-lo pelo á xente e facela partícipe das paranoias con ou sen drogas polo medio que fai cada un no seu fogar.
    Eu, sen criticar o concepto ou a idea que Estíbaliz tratara de transmitir xa que non me sinto capacitado como para entender semellante desvarío, non teño outro remedio que definir a actuación como netamente CUTRE e de baixa calidade, digna dun chikilicuatre en eurovisión. Non podes saír a escea tendo que facer doble click en cada arquivo cada vez. Eso hai que telo preparado. E as poesías eran infames. Unha saída de tono e unha mofa histriónica.
    Menos mal que Projecto Mourente levantou os ánimos co seu “Contróla-te”,”Chuli boy” e “Vamos queimar París”. Foron do mellorciño senón o mellor da noite. Gustoume a frase de entrada do vocalista: ” Non sei moi ben que facemos aquí pero imos intentar facelo o mellor posible e non trabucarnos moito”.
    Claramente estaría entre bambalinas e non viu a Estíbaliz, porque senón sairía relaxadísimo.
    Pido descupas se ferín algunha susceptibilidade, pero non fixen senón plasmar en caracteres escritos as sensacións vividas no culturgal.
    Tiñamos diante a dúas parellas de xubilados. As súas caras sí que eran poemas. Cos DIos que te crew case morren do infarto, pero ca Estíbaliz tiñan unha cara que era para enmarcala.

  52. Lucas/Glenda said, on 11 Decembro, 2008 at 2:13

    Señorita Espinosa:

    Non teño o pracer de terlle lido o que supoño fantásticos e rupturistas libros de poesía. Nin tampouco de vela nesa súa actuación. E ben que o sinto, porque semella un espectáculo para non esquecer nunca (sexa no sentido que sexa).

    Mais o que si quixera dicirlle é que, a teor da lectura das súas intervencións, semella vostede en exceso susceptíbel ante as críticas. Xa sei, xa sei que a vida dos artistas é moi dura, pero iso forma parte da profesión (porque falou de profesionalidade, non si?). Daquela, respondeu con pouca elegancia, como aquela veciña cutre de patio de veciños moi revolto a discutir por cando se encende a calefacción ou se pinta o portal.

    Todo iso proxecta de vostede unha imaxe moi pouco recomendábel. Debería gardar a súa irascibilidade e amosarme un pouco, digamos, máis “poética”. E aprender dos erros, e ser un pouco máis humilde.

    Desexándolle unha longa e frutífera carreira, reciba unha cordial aperta.

  53. cristina said, on 11 Decembro, 2008 at 10:12

    A ver, vamos por partes. Eu tamén estiven de público nun espectáculo que me gustou bastante en liñas xerais. Houbo varios fallos técnicos, si, o mencionado do portátil pero tambén o son de Dios ke te Crew resultou bastante malo, acostumados como estamos a escoitalos con máis caña e con letras audibles.

    O que se está facendo aquí creo que xa é mexar fóra do tiesto. Eu non coñecía á EE e tampouco me pareceu que fixese nada cutrísimo ou moi por debaixo do nivel, sendo sincera. E repito que desfrutei bastante en liñas xerais. Quizais estivo pouco acertada co do portátil e o dobre clic, pero iso paréceme o máis grave dunha actuación que resultou esperable xa que se trataba de poesía, ¿non? O normal é recitar algo. A mín os textos parecéronme bos e ben recitados.

    Tamén Yolanda Castaño (pero a ela xa a coñecía) estivo bastante ben, porén houbo cousas que dende o meu sitio non se entendían porque o son reverberaba moito.

    A mín deronme ganas de ler máis cousas das dúas, xa vedes. Todo o contrario que a vós!!! Creo que para os gustos píntanse cores.

    Vexo que a reacción aquí é desmesurada e máis parece un ataque persoal. A muller estará no seu dereito a defenderse, digo eu, a min non me parece unha baixeza que o faga se quere. Antes ó contrario,é bastante valente e faino ben.

  54. Tanito de La Tani said, on 12 Decembro, 2008 at 1:36

    Estou bastante dacordo co que plantexas, Cristina. É moi coherente.
    O tema do portátil é anecdótico, por suposto, pero fai ver ás claras a falla de previsión do choio. Se se fala de profesionalidade e se vai nun plan “semidiva” hai que aportar ese plus, alomenos, de calidade escenográfica. Se van os Tonechos e a montan e improvisan e se trabucan é normal, é agardable e previble, pero se a Srta. Espinosa non ía nese plan “improvisatorio ou amateur” entón creo que efectivamente meteu a pata até o fondo.
    Eu a Y.C. xa a lera. Non está mal a verdade. Á E.E. non a lin pero seguirei a túa recomendación e mirarei algo a ver.
    Ler poesía e facer performances con elas son cousas moi manidas xa. Basta acodir ó portal Youtube, e veredes miles de vídeos con poesías e imaxes (recomendo un canal que se chama “vampiresaHIM” que ten bastante deste xénero). E están feitos con webcams ou cámaras de fotos, pero son netamente mellores que os ofrecidos por E.E. Na miña humilde opinión, claro está. Logo cada un xa mira.
    E algo que dixo na actuación e que non lle axudou moito a conectar ca xente. Dixo algo así como: “Nesta canción a música non é miña pero as outras dúas e as letras fíxenas eu”… A min pareceume unha sobrada dicir iso. Pois mulleriña, xa supoñemos que o perpetraches tí; e a música de Massive Attack xa leva tempo no mercado como para non coñecelo.
    Era un choio coma autorreivindicándose: “-Eh neno, que esto me lo curro yo en mi kel con unos trujas y el sound forge mientras chateo en el messenger con los colegas, fuá neno, que yo piloto y te soy buenísima y me molo un lote fuá neno”…
    En fin. Unha flipada do carallo. Pero supoño que coma o viño tinto mellorará cos anos e a experiencia.
    O que sí lle recomedaría a Srta. Espinosa é que asuma as críticas, as dixira e intente sacar o positivo delas. Pois na próxima performance que faga pois se prepara un pendrive cun arquivo autoexecutable que reproduza tódalas súas movidas sen ter que andar seguido no ordenador. Ter aprendidas as poesías e non ler da pantalla. Medir as palabras e ser máis cercana ó público (nada de sobradas e “culturetismos exacerbados”).
    E xa en plan retranca. Non molaría nin nada un dúo man a man Iolanda Castaño vs Estíbaliz Espinosa. Miña nai querida…

  55. Nieves said, on 12 Decembro, 2008 at 1:54

    AY, DIOS MÍO!
    E eu por qué quedaría na casa xogando cunha nena de nove anos se no Cultur.gal me tería divertido moito máis?

    Que fodida vergonza.
    Por que cona non cortaría eu as mans para non poder escribir?

    Cantos egos. E canta creatividade mal encamiñada.
    (A ver de onde me caen as oxtias a min tamén…).

    Sentidiño, por favor.

  56. Xoán Galego said, on 12 Decembro, 2008 at 11:28

    Para Calidonia:

    ¿Borraría no seu blog un comentario irónico mais non insultante que interpreta dun xeito diferente unha entrada que vostede publica?

    ¿Mandaría logo a esa persoa un correo electrónico chamándoa covarde?

    ¿Empregaria o nome desa persoa para deixar comentarios ridículos?

    ¿Impediría que esa persoa poida dicir que están a empregar en falso o seu nome?

    ¿Publicaría unha entrada co xeito de denigrar a esa persoa que, non esqueza, interpretou dun xeito diferente unha entrada que vostede publicou?

    Todo eso fixo Estíbaliz Espinosa. E se a súa resposta as anteriores preguntas é afirmativa, ben miserables son vostedes dous.

  57. modernodemerda said, on 12 Decembro, 2008 at 11:33

    vaia movida, non sei quen é máis triste… que ben fixen en retirarme das blogoleiras e as blogolerias…

  58. pingheiras said, on 12 Decembro, 2008 at 13:26

    ++
    dáme +
    ++
    oh!si
    dáme++

  59. brais said, on 12 Decembro, 2008 at 14:13

    Aquí vai falar outro que estivo presente e que considera todo esto unha ida de olla. Pregúntome eu: ¿E non vos pareceu moito máis tópico e pouco orixinal o contido do vídeo da anterior poeta, da Iolanda Castaño? Podería estar feito con máis medios pero vamos, eu postos a elixir aínda prefiro o vídeo ese dos muíños que polo menos tiña máis encanto. O outro pareceume un bodrio de imaxes tontas da poeta con distintos vestidiños. Eu prefiro á outra escritora, deume a impresión de ser máis humilde e gustoume máis o que dicía a pesar de tampouco quedarme ben co comentario ese do principio que di Tanito.

    E os Mourente se salen!!!!

  60. ghanito said, on 12 Decembro, 2008 at 23:11

    modernodemerda, ti retirácheste porque és un cagao :lol:

  61. paco porras said, on 13 Decembro, 2008 at 11:58

    En fin, os cultos somos a ostia

  62. Xoana said, on 13 Decembro, 2008 at 17:45

    Brais, meu, trata de superar o dualismo papahostias no que vive a sociedade galega, as dúas son igual de defenestrables, non estamos obrigados a escoller.

  63. maria said, on 14 Decembro, 2008 at 22:11

    todas estas críticas persoais hacia estibaliz semellan un plan para atraer visitas a este blogue que ninguén coñece, saiban que a arte pode facerse tamén con material cutre.
    señor administrador, recoméndolle que lea algun libro da autora.

  64. hiyao said, on 15 Decembro, 2008 at 10:24

    Non estiven no culturgal pero coñezo os vídeos, fotos e poemas de EE.Para min é do mellor de hoxe na literatura galega. Creo que é moi excusable que se lle vexa o windows player nun auditorio. Nada máis.

  65. hiyao said, on 15 Decembro, 2008 at 10:31

    E que conste que tras ler detenidamente todas as acusacións e réplicas deste post conclúo que o autor deste blogue amosouse moito máis maleducado, moito máis groseiro con ela do que ela con el. EE empezou defendéndose sen ofender e de seguido o autor de verbas pasou ó insulto. Agora si que nada máis

  66. Estibalizianos unidos... said, on 15 Decembro, 2008 at 16:58

    … nunca serán vencidos.

    Marabillosa poeta, dechado de virtudes, espírito puro, luz de lúa, praia nun mencer, trópico de cáncer, pluma delicada, fermosa paraxe, cabelo ao vento, pristino prisma de delicuescentes adolescentes, …

  67. pasavaporakí said, on 15 Decembro, 2008 at 19:38

    Conocí a Estíbaliz hace unos años y superficialmente. De lo que la conocí, de lo que ví, de lo que veo y, en suma, lo que deduzco, es que es una persona nada transparente y nada coherente. Tengo que confesar que me produce curiosidad y que la considero inteligente (pese a que haciendo esta última afirmación me esté considerando inteligente también a mí, y-como dice Raphael-QUÉ SABE NADIE?!); pero no soporto su petulancia, a veces encubierta, y su falsa modestia. Demasiadas contradicciones: primero dice que no se considera a sí misma escritora y después la veo en youtube autodenominándose escritora sin atisbos de pudor; primero se refiere a los suyos (pareja e hijo) por su letra inicial y luego se pueden ver fotos familiares en su album de flicknosequé; primero se va de que cada uno es libre de opinar lo que quiera y luego entras en su blog y se te avisa de que los comentarios tienen que pasar su censura; primero arremete contra aquellos que gustan de opinar profusamente en los blogs en vez de crear el suyo propio y luego va ella y, claro, como es tan polifacética, se despacha a gusto en el suyo y en el de los demás; primero dice que tus comentarios le importan un pito y luego se ve que comoquenó….. Ah!, y como yo sí que no soy escritor@, me vais a permitir el que me exprese unamunanísticamente y el no repasar nada de lo antedicho, que corrija alguien, si quiere, la puntuación y demás…. Y QUE TENGAMOS LAS FIESTAS EN PAZ !!

  68. Alfredo Ferreiro said, on 15 Decembro, 2008 at 23:59

    Resulta engrazado ler estes comentarios sobre as literatas de hoxe, sobre todo polo que teñen de atrevidas opinións que non se poden soster cara a cara nin probabelmente pasados os anos das erupcións cutáneas (salvo para quen da mala ostia pretende facer artesanía durante toda unha vida, que tamén hai xente que se conserva en vinagre).
    Se queredes datos obxectivos sobre o peso desas dúas performáticas poetisas no sistema literario podedes consultar as visitas dos vídeos de YouTube que a AELG (Axenda Cultural AELG) colgou durante o Culturgal. Foron 48 os autores filmados e elas dúas son as máis visitadas do variadísimo elenco da Asociación de escritores.
    Un saúdo.

  69. pasavaporakíotravezynomás said, on 16 Decembro, 2008 at 0:40

    Supongo que los fervientes admiradores tendrán que defender a sus admirad@s. Es verdad, mis opiniones siempre han sido atrevidas (e incluso manifestadas a la cara), aunque esté intentando controlarlas porque es hoy cuándo me entero que la mayor parte de la gente prefiere la adulación a la crítica. Lo siento, pero el teatro nunca ha sido lo mío… Perdón por pensar que un@ artista debe ser un@ artista integral: de pensamiento, palabra y obra. Una opinión, que yo sepa, siempre es subjetiva, yo doy la mía porque me apetece y porque me alegra que también haya gente que se pare a pensar o criticar más allá de lo que los datos obxectivos parecen querer indicar….
    Aunque eso sí, admito que tiene una voz preciosa.

  70. JesuslovesJezabel said, on 16 Decembro, 2008 at 0:59

    O peso desas dúas performáticas poetisas?. Un peso pesado, de seguro.

  71. maria said, on 16 Decembro, 2008 at 1:18

    pasavoraki afirma coñecela superficialmente e parece que non coñece a súa obra, logo non diga toda esa palabrexa “un@ artista debe ser un@ artista integral: de pensamiento, palabra y obra”, porque non sabe do que fala. e por que temos que ser as persoas transparentes?

  72. Haceme 1 pete said, on 22 Decembro, 2008 at 2:58

    O que fixo a elementa esta, a Estíbaliz Espinosa foi unha soberana merda pinchada nun pau e secada ó sol por tres meses e medio.

  73. Calidonia » O mellor (e o peor) de 2008 said, on 29 Decembro, 2008 at 19:26

    […] anotación: Cultur.gal, ese chiringuito, de […]

  74. […] (e a festa de Polaqia á que fun en viñetas) que o Cultur.Gal foi un exito na Coruña e a pequena polemica que houbo no blogomillo co gallo do music.gal. Outras polémicas foron a do premio de poesía […]

  75. anónimo said, on 9 Febreiro, 2009 at 9:42

    cánta pero cánta envexa hai por aquí. A escritora Estibaliz Espinosa a quen non coñecia antes do que todo isto non lle chegades á sola do zapato. É unha vergoña que a alguén tan válido que hai neste país lle caian semellantes envidiosos e ignorantes encima

  76. marcos said, on 10 Marzo, 2009 at 13:15

    Es increíble, buscas información sobre Estívaliz Espinosa porque te interesa como escritora y te encuentras con este blog en el cual se han permitido insultos sin fundamento y sin conocimiento de causa ni de obra. Que mal!!!!

  77. A Cultura que quedou « verbas said, on 22 Marzo, 2009 at 1:05

    […] destructivo por calquera outra cousa algo máis ofensiva do estilo da Señora Estíbaliz Espinosa ou do estilo do Señor […]

  78. Dende a miña humilde opinión « verbas said, on 30 Novembro, 2010 at 18:26

    […] Quero remarcar o de opinión porque quero pensar que é só iso, unha opinión, do mesmo xeito que eu mesmo teño opinado con […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: