verbas

Días de cine

Posted in do que vexo by spav on 15 Decembro, 2008

Que diría o gran Antonio Gasset. Estes días, lonxe de inquedarme por quén pasa e deixa o seu rastro polo meu blogue, dediqueime ó cine. Leveime uns cantos fiascos e gratas sorpresas.

Persépolis. Basada no comic homónimo. Cunha boa historia, foi como ver as follas do comic pasar a toda prisa. Lástima de ir máis alá, a historia prestábase. E si, son dos que non me quito esa versión de Chiara Matroianni da cabeza.

Irina Palm. E con esta xa é a segunda vez que a vexo. Moito mellor en VOS. Creo que ver á Faithful de abuelita enrollada ten o seu morbo. A banda sonora resúltame a máis enfermizamente rallante da historia do cine (e sí, estou contando con Pi) .

Into the Wild. Sean Penn non é americano, ten parentes entroncados con Truffaut. Xa perdín a conta das veces que esta película me fixo chorar. ¿Ten algún punto debil? Eu non llo dou topado.

The Life and Death of Peter Sellers. Biopic de Peter Sellers. Detrás do Inspector Clouseau había sexo, drogas e malos tratos. Gustoume a pesar de Geofrey Rush.

Cassandra’s Dream. Que alguén me explique porqué Collin Farrel non actúa sempre así. O de Ewan McGregor xa é máis normal, ¿a alguén lle sorprende que faga un papelón?. Por outro lado, creo que estou padecendo algún tipo de enfermidade, con esta xa son 3 películas de Woody Allen que me gustan. Teño medo.

My blueberry nights. A última de Wong Kar-Wai. Cada vez a peor, a historia é nefasta, e Norah Jones definitivamente non é actriz. A película sálvase por esa fotografía súa. Hai quén dí que Wong Kar-Wai coñeceu Hollywood, non o nego. Pero eu penso que sempre foi máis un contador que un creador de historias.

Tras a publicidade e promocións, nuns minutos regresamos.

2 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. baltar said, on 15 Decembro, 2008 at 10:54

    a que non é actriz é a Natalie Portman, qué mal o fai!

  2. Spav said, on 15 Decembro, 2008 at 14:02

    Concordo, Natalie Portman mal, moi mal, pasáraa por alto


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: