verbas

¿Decisións desafortunadas?

Posted in do que interneteo, do que penso by spav on 25 Marzo, 2009

Os feitos

Son dos que tamén me fodeu o desafortunado anuncio de last.fm de facer a súa radio de pago, creo que se trata dun asunto moi espiñento, sobre todo polo feito de que non sexa un anuncio global senón con certas excepcións (USA, UK e Deutchland). Ascárida apúntame que é polos seguintes motivos: USA porque a radio de Last.fm mercouna a CBS americana; dos outros dous países remítome ó que os mesmos desenvolvedores manifestan:

Our headquarters are in the UK and we’ve always had a strong presence in DE

Esta visión puramente empresarial do tema dame que pensar, e, unido á compra por parte da CBS, lévame a pensar que, neste movemento estén primando as ideas da CBS por riba do que os desenvolvedores de last.fm entenden como negocio. Pero niso, como empresa privada que é non me vou meter. ¿Estana cagando?  Sí, ¿recuarán?…coido que tamén IMHO.

A oportunidade

Spotify, esa radio de CDs on-line que tanto está dando que falar, ten todo de cara para facerse cun gran posto na rede. Conta con todo a favor: público que, por unha razón ou outra vai estar descontento coa decisión de last.fm, unha rede de usuarios asentada e en crecemento, un bo software (atractivo, usable e sen apenas bugs), unha rede de desenvolvedores externos que se está involucrando facendo plugins e comunidade (ou sites que utilizan Spotify dalgún xeito). Pero claro,  non todo ían ser cousas bonitas, por mor das discográficas, vense obrigados a limitar o acceso a algúns contidos dependendo da procedencia do que escoita; ademáis, comeza a ser sangrante que non teñan un cliente para GNU/Linux

O tempo falará.


A Cultura que quedou

Posted in do que penso by spav on 22 Marzo, 2009

Que valga como punto de partida para este post o artigo A Cultura que virá
do xornalista e blogueiro Xosé Manuel Pereiro.  Ante a posible e máis que probable chuvia de acusacións de ser destructivo *e pouco constructivo nas miñas críticas, xa deixo claro de antemán que desta volta tratarei ser constructivo (inda que, persoalmente pense que nunca fun o contrario).

*cambien destructivo por calquera outra cousa algo máis ofensiva do estilo da Señora Estíbaliz Espinosa ou do estilo do Señor Milleiro.

A sensación que me quedou, logo de ler o mencionado artigo foi de estupefacción, perplexidade e un certo regusto amargo que se combinou para tomar forma nunha profunda e total indignación. O artigo deixa en min a visión dunha industria cultural antediluviana, na que predomina o “quén non chora non mama” que me fai tremer. Da a impresión que todo o tinglado cultural xira entorno do político de turno, coma se de monicreques pagados únicamente pola administración se tratasen, coma se fosen burdos bufóns de pazo. Isto non o provocou calquera feirante, senón artistas consagrados como Antón Reixa, Quico Cadaval ou Mercedes Peón (porqué sempre acudimos ó sota-cabalo-rei?) artistas que se laian de que co goberno entrante están desconcertados porque non saben cara onde tirarán. ¿Pero qué é isto? ¿Qué lle pasou á iniciativa privada neste país? ¿Qué pasou coa figura do mecenas? e o que é máis importante, ¿Porqué eu, contribuinte da admon., teño que solventarlle a vida a un montón de xente que nin me vai nin me ben a base de subvencións? xente que para optar a esta nova forma de estafa á sociedade camúflase á sombra de chiringuitos amparados pola propia administración. Qué triste ver iso, que unha industria con potencial siga a máxima de “tí limpasme o cú e eu non che mordo a man” coa admon. pública, pero alén do triste que parece chega a puntos de indignación e cabreo supremo o ver que goberno tras goberno, esta xente adícase a mendigar e seguir chuchando.

Señoras e señores, sinto ser eu quén llo diga, pero se pensamos que a cultura tense que mover en torno a subvencions, montando chiringuitos, entón é que a cultura morreu. Todos estamos fartos de escoitar falar de Asociacións de Escritores, Clústeres, e demáis caralladas que lle fan un flaco favor á cultura e á visión exterior que se ten da cultural galega actual, todos estes organismos parasitantes nacidos ó amparo dunha administración benévola son absolutamente inservibles e carentes de sentido. Non me malinterpreten inda, que xamáis direi que Fraga foi un benefactor cultural, foi unha época escura, unha merda se se quere dicir así, nin que o que ben será mellor… pero o PSOE+Bloque e os seus artificios culturais non foron, nin de lonxe boa solución nin o camiño que se debería seguir (insertar aquí todos os insultos de artistas e creadores beneficiados por unha subvención). Seguramente o que ben sexa máis do mesmo pero con distintas fórmulas e beneficiarios.

En resumo, neste país sobra xente que adique a publicar as súas cousiñas ó amparo dunha administración benévola con eles (favores que pagar, quizais?), e fai falla xente nova que non mendigue polo seu traballo, que non esté á espera do cambio de goberno, lanzando globos sonda para captar subvencións, montando chiringuitos, falando de follar en lugar de follar que dirían The Homens.

Choromicadas de artistas, autores e editores aparte. A Cultura é algo íntimamente ligado á sociedade, pero cunha particularidade. Cando a sociedade atravesa épocas de crise, a Cultura sae claramente beneficiada, remítome a algúns exemplos máis que evidentes:

  • Como o mesmo Martiño (The Homens) menciona no artigo: “o mellor rock nos Estados Unidos fíxose cando Reagan”.
  • Sendo un topicazo, o paralelismo entre a crise dos oitenta e a movida madrileña.
  • O auxe do indie español coincidindo coa crise económica dos noventa.
  • Sinceiramente, non vexo ós Sex Pistols tendo unha audiencia coa raíña para conseguir financiación algunha.
  • etc…

O que quero dicir con isto é que a Cultura sempre saíu a flote en épocas difíciles, mesmo de crises económicas, e isto é debido a que a cultura non se pode entender como unha máquina de facer diñeiro, senón como un ben de disfrute, un activo,  social e isto é perfectamente factible tendo un ollo posto na viabilidade económica. Deixémonos de choromicadas, que a cultura siga polo seu rego e deixe a política en paz (e viceversa!). Que resumo, que se deixe de prostituir.

Finalmente, gustaríame remarcar que o problema é a nosa mentalidade inferior tan arquetípica do galego, que se ve reflectida en artigos coma o do señor Xosé Manuel Pereiro. E que esta sociedade intelectual se deixe dunha vez de victimismos, choreiras por subvencións e se adique a traballar sen máis sen nutrirse de carto público, que está moi feo.

Sen acritude.

The 5 litres experiment

Posted in do que interneteo by spav on 5 Marzo, 2009

The 5-litres experiment is an exciting adventure initiated by a pair of students in Oxford at the end of 2007. In fact it’s a challenge. We called it “experiment” because nobody has ever tried, and maybe (we hope not) it is impossible.

A raza humana abúrrese. Sen palabras…

Reflexións post-electorais

Posted in do que penso by spav on 4 Marzo, 2009
  • O sistema falla se tendemos hacia un bipartidismo ou tripartidismo alonxando do público xeral (cos mass media mediante) outras ideas plenamente válidas.
  • ¿Por qué ideas e persoas que antes eran plenamente válidas agora tíranse ó lixo e desvótanse como antigas?. E poñendo nomes, ¿por qué hai xente con fé cega en Quintana e no que podía lograr e despois dunhas eleccións bótao ós leons e dinamita as súas ideas como obsoletas, o que é máis, ¿por qué non se fixo esta autocrítica antes das eleccións? ¿tapouse confiando en que os electores son tontos e non verían iso?. De “gañar” ¿Quintana sería o máis mellor do mundo, ou tería ideas obsoletas?. [Poño o exemplo de Cesare por ser o primeiro que me ven á cabeza, pídolle disculpas se se sente ofendido; e sí, personifico a un conxunto de xente nesas ideas porque na miña opinión son maioritarias no sentir dun votante do BNG].
  • As dimisións por sí soas non serven de nada. Na miña opinión, cada vez que sucede algo coma o acontecido (perder unhas eleccións claramente) é que non se entenderon nin as ideas nin as persoas, polo que se debería refundar o partido dende cero con vistas a unha rexeneración de ideas e persoas. Inda que pareza utópico.
  • Cada vez menos xente lee os programas electorais. Cheos de trampas, utopías e populismo.
  • Alén do PSOE “de G”, señores e señoras hai unha Esquerda, e non, non come meniños, nin tampouco cae nun nacionalismo servil, 3500 novas persoas decatáronse.
  • A día de hoxe, a xente non ten ideais, antano era inconcebible que un votante saltase do Bloque ó PP, hoxe todo é posible. Isto inda estou dilucidando se é bo ou malo, axúdenme, por favor.
  • “Mira, se gañaron xa está, agora polo menos todo dios volverá a ter un blog.” Reflexión tomada de ascárida. Canta razón tes, querida.
Tagged with: ,

Avó anarca

Posted in do que din por ahí, do que penso by spav on 3 Marzo, 2009

Cambiaremos de muiñeiros, pero non cambiamos de ladróns.

Da gusto ter un familiar cercano anarquista; é o mellor que lle pode pasar ó espírito crítico dunha familia nos tempos que corren.