verbas

Reflexións post-electorais

Posted in do que penso by spav on 4 Marzo, 2009
  • O sistema falla se tendemos hacia un bipartidismo ou tripartidismo alonxando do público xeral (cos mass media mediante) outras ideas plenamente válidas.
  • ¿Por qué ideas e persoas que antes eran plenamente válidas agora tíranse ó lixo e desvótanse como antigas?. E poñendo nomes, ¿por qué hai xente con fé cega en Quintana e no que podía lograr e despois dunhas eleccións bótao ós leons e dinamita as súas ideas como obsoletas, o que é máis, ¿por qué non se fixo esta autocrítica antes das eleccións? ¿tapouse confiando en que os electores son tontos e non verían iso?. De “gañar” ¿Quintana sería o máis mellor do mundo, ou tería ideas obsoletas?. [Poño o exemplo de Cesare por ser o primeiro que me ven á cabeza, pídolle disculpas se se sente ofendido; e sí, personifico a un conxunto de xente nesas ideas porque na miña opinión son maioritarias no sentir dun votante do BNG].
  • As dimisións por sí soas non serven de nada. Na miña opinión, cada vez que sucede algo coma o acontecido (perder unhas eleccións claramente) é que non se entenderon nin as ideas nin as persoas, polo que se debería refundar o partido dende cero con vistas a unha rexeneración de ideas e persoas. Inda que pareza utópico.
  • Cada vez menos xente lee os programas electorais. Cheos de trampas, utopías e populismo.
  • Alén do PSOE “de G”, señores e señoras hai unha Esquerda, e non, non come meniños, nin tampouco cae nun nacionalismo servil, 3500 novas persoas decatáronse.
  • A día de hoxe, a xente non ten ideais, antano era inconcebible que un votante saltase do Bloque ó PP, hoxe todo é posible. Isto inda estou dilucidando se é bo ou malo, axúdenme, por favor.
  • “Mira, se gañaron xa está, agora polo menos todo dios volverá a ter un blog.” Reflexión tomada de ascárida. Canta razón tes, querida.
Tagged with: ,

5 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. cesare said, on 4 Marzo, 2009 at 1:48

    Lol, :)
    Eu teño que falar por min, non polo resto. Eu tiña e teño confianza plena en Quintana. Creo que foi un excelente vicepresidente, e creo que é o máis hábil e intelixente político dos que se presentaron ás eleccións.

    Pero a noite do día 1 decateime de que o resto dos galegos non pensa o mesmo ca min. E que ese camiño non dá pra máis. Se me decatase antes, non sei se votaría por el, pero dende logo non o defendería como o defendín.

    En todo caso, non o tiro aos leóns. A dimisión é unha honrosa saída en democracia. É incluso a mellor saída persoal. Como se mete nas fauces do león é non dimitindo.

    O dos ideais… Poderíalle contestarlle con esa frase supermolona de Groucho Marx, pero por non rallar dígolle que entre os ideais e os feitos, escollo os feitos.

    (e como me vou ofender??)

  2. W. Sobchak said, on 4 Marzo, 2009 at 11:33

    Interesantes reflexións todas.
    Eu sintóme aludido no referido existencia de outras opcións políticas. Eu votei ao PVBE mais baseando o meu voto no pánico a que ganhara o PP. A barreira antidemocrática do 5% imposta por Fraga (home obsesionado con acadar o bipartidismo) fai que sexa umha quimera obter un parlamento mais plural e democrático (ainda que esto supuxera que UPyD tivera un feixe de escanos). Ademaís levo moitos anos (8 en concreto) botando en falta na GZ un partido ao xeito de ICV, que coido que soubo adaptar os principios da esquerda real, á situación do século XXI.

    Por outra banda, resultame moi dificil crer que alguen pase do voto ao BNG ao PP e penso que benvido sexa que a xente recupere as redes sociais, pois está visto que é a hora da sociedade civil

    Saudinhos

  3. Spav said, on 4 Marzo, 2009 at 13:13

    * Cesare: Coincido en que é o mellor político (entendendo todas as acepcións da palabra) dos presentados. Inda que para min non foi un bo vicepresidente, optou pola non-comunicación co seu compañeiro de viaxe para evitar confrontacións, e isto, na miña opinión levounos ós dous á descordinación con todos os problemas derivados da mesma. Ollo!, que a culpa é tanto dun coma doutro.

    Eu, a diferencia de vostede, comecei a anterior lexislatura coas mesmas conviccións ca vostede, o paso do tempo e numerosos “detalles” fixéronme darme conta de que ningún dos dous “tunantes” merecía a reválida, coido que foi o que lle pasou ó resto do electorado que mudou de voto, con distintas bases, pero coincidindo no desencanto.

    * W. Sobchak: Votar por medo ou por eliminación é unha asignatura pendente a superar neste país. O malo é que ata que xurdan políticos á altura da cidadanía non sucederá isto.

    Por outra banda, coincido plenamente, ICV creo que é o modelo a seguir pola esquerda e debería ter extensión no resto do país e en Galicia en forma dun partido de Esquerdas, Verde e con sensatez (que tome boa nota EU/IU). Pero unha vez máis o sistema bipartidista esmaga as alternativas.

    O que dí respecto ó cambio de voto…e que é así, lembro eleccións locais en Pontevedra nas que pasou unha maioría aplastante do PP a darlle a alcaldía a Lores “por despecho”…hai que darse de conta dunha vez de que a corrente dos ideais que se lle supoñen ós políticos do BNG vai por unha vía ben distinta ós do seu electorado (con grandes tendencias conservadoras, desencantados do PP, etc..), esta para mín é unha das causas da “sorpresa” que levaron todos os partidos nestas eleccións; o PP coñece ó dedillo o seu electorado, está preto del, mesmo se diría que os ten contados, e varía moi pouco, os que varían son o do resto das forzas….

    Saúdos ós dous.

  4. reactio said, on 5 Marzo, 2009 at 2:03

    Quintana debera dimitir pola perda de votos en todas a cidades e practicamente todas as vilas galegas. A dimisión per se non serve de nada, pero se vai acompañada dunha verdadeira refundación dese partido, claro que serve. Por outra banda, chama moito a atención a perda de escanos do Bloque desde 1997 (18..17..13..12…..).
    Estou completamente de acordo en que sería moi beneficioso para a sociedade que houbese un arco parlamentar realmente amplo (alén de 3 míseros partidos). Bótase de menos unha FPG, unha EU… incluso unha Terra Galega que roube o voto boina da longa noite de pedra do PP.
    Por último, votar a un partido non é sinónimo de acatar ao 100% o seu proceder no presente… Pódese votar ao BNG tendo certa distancia co seu facer nesta pasada lexislatura. E no caso de que o bipartito fose reeditado, tamén se podía seguir mantendo esa distancia, ou non?
    As cousas soen ter moitos, moitos matices… Nin brancas nin negras… soen dun gris que muda moi a cotío.

    Parabéns polo blog!

  5. bieito said, on 3 Abril, 2009 at 11:50

    como xa puxen no meu twitter, con decisións electorais como a destas últimas autonómicas, Galicia sigue igual que vinte anos…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: