verbas

A Cultura que quedou

Posted in do que penso by spav on 22 Marzo, 2009

Que valga como punto de partida para este post o artigo A Cultura que virá
do xornalista e blogueiro Xosé Manuel Pereiro.  Ante a posible e máis que probable chuvia de acusacións de ser destructivo *e pouco constructivo nas miñas críticas, xa deixo claro de antemán que desta volta tratarei ser constructivo (inda que, persoalmente pense que nunca fun o contrario).

*cambien destructivo por calquera outra cousa algo máis ofensiva do estilo da Señora Estíbaliz Espinosa ou do estilo do Señor Milleiro.

A sensación que me quedou, logo de ler o mencionado artigo foi de estupefacción, perplexidade e un certo regusto amargo que se combinou para tomar forma nunha profunda e total indignación. O artigo deixa en min a visión dunha industria cultural antediluviana, na que predomina o “quén non chora non mama” que me fai tremer. Da a impresión que todo o tinglado cultural xira entorno do político de turno, coma se de monicreques pagados únicamente pola administración se tratasen, coma se fosen burdos bufóns de pazo. Isto non o provocou calquera feirante, senón artistas consagrados como Antón Reixa, Quico Cadaval ou Mercedes Peón (porqué sempre acudimos ó sota-cabalo-rei?) artistas que se laian de que co goberno entrante están desconcertados porque non saben cara onde tirarán. ¿Pero qué é isto? ¿Qué lle pasou á iniciativa privada neste país? ¿Qué pasou coa figura do mecenas? e o que é máis importante, ¿Porqué eu, contribuinte da admon., teño que solventarlle a vida a un montón de xente que nin me vai nin me ben a base de subvencións? xente que para optar a esta nova forma de estafa á sociedade camúflase á sombra de chiringuitos amparados pola propia administración. Qué triste ver iso, que unha industria con potencial siga a máxima de “tí limpasme o cú e eu non che mordo a man” coa admon. pública, pero alén do triste que parece chega a puntos de indignación e cabreo supremo o ver que goberno tras goberno, esta xente adícase a mendigar e seguir chuchando.

Señoras e señores, sinto ser eu quén llo diga, pero se pensamos que a cultura tense que mover en torno a subvencions, montando chiringuitos, entón é que a cultura morreu. Todos estamos fartos de escoitar falar de Asociacións de Escritores, Clústeres, e demáis caralladas que lle fan un flaco favor á cultura e á visión exterior que se ten da cultural galega actual, todos estes organismos parasitantes nacidos ó amparo dunha administración benévola son absolutamente inservibles e carentes de sentido. Non me malinterpreten inda, que xamáis direi que Fraga foi un benefactor cultural, foi unha época escura, unha merda se se quere dicir así, nin que o que ben será mellor… pero o PSOE+Bloque e os seus artificios culturais non foron, nin de lonxe boa solución nin o camiño que se debería seguir (insertar aquí todos os insultos de artistas e creadores beneficiados por unha subvención). Seguramente o que ben sexa máis do mesmo pero con distintas fórmulas e beneficiarios.

En resumo, neste país sobra xente que adique a publicar as súas cousiñas ó amparo dunha administración benévola con eles (favores que pagar, quizais?), e fai falla xente nova que non mendigue polo seu traballo, que non esté á espera do cambio de goberno, lanzando globos sonda para captar subvencións, montando chiringuitos, falando de follar en lugar de follar que dirían The Homens.

Choromicadas de artistas, autores e editores aparte. A Cultura é algo íntimamente ligado á sociedade, pero cunha particularidade. Cando a sociedade atravesa épocas de crise, a Cultura sae claramente beneficiada, remítome a algúns exemplos máis que evidentes:

  • Como o mesmo Martiño (The Homens) menciona no artigo: “o mellor rock nos Estados Unidos fíxose cando Reagan”.
  • Sendo un topicazo, o paralelismo entre a crise dos oitenta e a movida madrileña.
  • O auxe do indie español coincidindo coa crise económica dos noventa.
  • Sinceiramente, non vexo ós Sex Pistols tendo unha audiencia coa raíña para conseguir financiación algunha.
  • etc…

O que quero dicir con isto é que a Cultura sempre saíu a flote en épocas difíciles, mesmo de crises económicas, e isto é debido a que a cultura non se pode entender como unha máquina de facer diñeiro, senón como un ben de disfrute, un activo,  social e isto é perfectamente factible tendo un ollo posto na viabilidade económica. Deixémonos de choromicadas, que a cultura siga polo seu rego e deixe a política en paz (e viceversa!). Que resumo, que se deixe de prostituir.

Finalmente, gustaríame remarcar que o problema é a nosa mentalidade inferior tan arquetípica do galego, que se ve reflectida en artigos coma o do señor Xosé Manuel Pereiro. E que esta sociedade intelectual se deixe dunha vez de victimismos, choreiras por subvencións e se adique a traballar sen máis sen nutrirse de carto público, que está moi feo.

Sen acritude.

12 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. cesare said, on 22 Marzo, 2009 at 12:11

    Aghasús, a min ponme palotes que vostede se declare tan ferventemente liberal. Pero que pouco me casa con outras opcións políticas súas… :) :)

  2. W. Sobchak said, on 22 Marzo, 2009 at 20:52

    o medo ao investimento do galego non é exclusivo do sector cultural. E algo de seui…e asi nos vai.

    De todolos xeitos ese é un sector de alto risco. E tampouco esta moi claro que exista un mercado que faga os esforzos rendibles sen axuda estatal.

  3. Spav said, on 22 Marzo, 2009 at 22:26

    Cesare, e que eu sonlle moi complexo de nuestro señor.

    W. Sobchak ¿qué sector non é de alto risco á hora de investir en Galicia?.

  4. W. Sobchak said, on 23 Marzo, 2009 at 13:09

    a acuicultura, a promoción inmobiliaria, a plantación de eucaliptos, o alugueiro de palcos para verbenas… sonche os catro primeiros que se me ocorren así en 0,5

  5. arinspunk said, on 23 Marzo, 2009 at 13:58

    que cachondo o w. sobchak (#4)

  6. cesare said, on 23 Marzo, 2009 at 16:52

    Se iso fose certo, Sobchak, xa me gustaría saber por que os galegos non invisten en acuicultura, fóra das altamente contaminantes bateas. :)

    Falando de cultura, non creo que os países de orixe de Björk, Youssou N’Dour ou Paasilinaa teñan características estruturais que os sitúen en contornos de menos risco cós galegos.

  7. W. Sobchak said, on 23 Marzo, 2009 at 18:37

    amigo cesare porque umha cousa é de baixo risco e outra de baixo investimento, e a minha tese inicial é que os galegos non son de idiosincrasia investidora.

  8. Spav said, on 24 Marzo, 2009 at 0:49

    Si que invisten, mira a planta de Stolt, galega 100%….

    E si, tes razón, teñen características moi particulares tamén, pero, por riba de todo, teñen unha capacidade que solo un puñado de galegos puideron ter, trátase de saber abrir un mercado e posicionarte en situación de vantaxe fronte a outros.

    Quizáis por cousas así sexa máis coñecida a cultura dun país de 300.000 hab. (Islandia) que o de un de 2 millóns.

  9. Spav said, on 24 Marzo, 2009 at 1:04

    Sobchak, totalmente en desacordo.

    Neste país estase a gastar un auténtico pastizal en infraestructuras, I+D+i (si, si, en investigación), etc; e isto é trasladable ó mundo cultural, i think: Cidade da Cultura, concertos subvencionados, locais de ensaio subvencionados, GzCreas, e demáis. O problema é que se trata dun investimento cuasi perdido, porque calquera cousa que poida agromar deixará os seus froitos noutro lugar por falta dun desarrollo integral da industria (por exemplo, se sae unha boa banda, non hai ningún selo “capaz” de mover un bo disco no territorio nacional, non digamos xa internacional).

    Por outra banda o nacionalismo económico paréceme o puto peor, cada quén dalle a saída ás súas ideas como pode/quere…
    Resumindo, no hai unha visión global do problema, para canto máis da solución.

    Centrándonos no ámbito puramente empresarial, fallan dous temas principais:

    – Mentalidade emprendedora.
    – Saber facer empresarial.

  10. W. Sobchak said, on 24 Marzo, 2009 at 11:32

    pois eu penso que concordamos!
    Os problemas que ti diagnosticas son os mesmos que detecto eu.
    E eu tamen detesto o nacionalismo ecónomico.
    Mira que gosto de discutir, pero nesto caso vexoo dificil

    un Saudinho

  11. xandacona said, on 30 Marzo, 2009 at 16:01

    Ante todo saúdos a todos.

    Dame algo de arrepío comentar no medio de tan intelixentes e documentadas liñas, pero vou intentalo.

    Favorecer a cultura non soamente é dar cartos. Tamén é importante a creación de un ambiente favorable. A televisión de galiza non promove moito unha expansión da cultura ou unha perpetuación. Máis ben o que fai é pechar a cultura tradicional ós vellos e non ofrecer alternativas para a xuventude.

    Este tipo de cousas pódense promover dende o governo, sen ter que darlle cartos a quen rexistre un disco ou escriba un conto.

    Agora cóntovos a qué ven isto. Resulta que estou fora da galiza e miro sempre a telegaita (con cariño) por internet. Últimamente o único que me gustaba ver era o “air galicia”, un programa cojonudo có que facía risas cada semana. Era desas cousas que cando as ves dis “qué galegos que son, diormío”. É que eles mesmos definen o que fan como “rirse dunha maneira de ser, a nosa”. É algo que achega a cultura galega a tódolos públicos facendo énfase na nosa diferenciación dos casteláns e o noso estado de convivencia.

    O tema é que o capítulo que se tiña que emitir a pasada semana aínda non está colgada na páxina da telegaita e estoume comezando a mosquear. Como ese capítulo non apareza antes do próximo Mércores ás 23:45 que é cando o seguinte capítulo debería de ser publicado, cumpriríase o que predixen hai unhas semanas despois do reconto das eleccións. Mirando cara ós meus amigos dixen: “A Air Galicia le doy dos semanas. Feijoo nos lo quita”.

    Ogallá isto sexa un erro meu ou da páxina da TVG. Ogallá eu esté facendo o ridículo preocupándome de cousas que aínda non sucederon ou non van a suceder nunca. Nese caso sentiría alivio-vergonña, pero de momento tende por certo que teño o corazón aflixido por non saber qué pasou coa última entrega do meu programa de televisión favorito.

    Se cren que o meu comentario é demasiado longo para o seu contido ou que carece de importancia, non duden en obvialo. Soamente quería recalcar que a política pode promover e censurar sin ter nada que ver con subvencións a proxectos concretos.

    Saúdos.

  12. Spav said, on 30 Marzo, 2009 at 23:27

    Non movería nin unha coma dese comentario. :)

    Eu non era seguidor de Air Galicia, nin de ningunha serie galega, nembargantes, falárome moi ben dela, terei que verlle algún capítulo.

    Cóideseme e abrígueseme por ahí arriba ;-)

    P.S.: No que respecta ós meus comentarios, eu non diría tan á lixeira iso de intelixentes…o de documentadas…procúrase sempre :)

    Saúdos!!!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: