verbas

¿Decisións desafortunadas?

Posted in do que interneteo, do que penso by spav on 25 Marzo, 2009

Os feitos

Son dos que tamén me fodeu o desafortunado anuncio de last.fm de facer a súa radio de pago, creo que se trata dun asunto moi espiñento, sobre todo polo feito de que non sexa un anuncio global senón con certas excepcións (USA, UK e Deutchland). Ascárida apúntame que é polos seguintes motivos: USA porque a radio de Last.fm mercouna a CBS americana; dos outros dous países remítome ó que os mesmos desenvolvedores manifestan:

Our headquarters are in the UK and we’ve always had a strong presence in DE

Esta visión puramente empresarial do tema dame que pensar, e, unido á compra por parte da CBS, lévame a pensar que, neste movemento estén primando as ideas da CBS por riba do que os desenvolvedores de last.fm entenden como negocio. Pero niso, como empresa privada que é non me vou meter. ¿Estana cagando?  Sí, ¿recuarán?…coido que tamén IMHO.

A oportunidade

Spotify, esa radio de CDs on-line que tanto está dando que falar, ten todo de cara para facerse cun gran posto na rede. Conta con todo a favor: público que, por unha razón ou outra vai estar descontento coa decisión de last.fm, unha rede de usuarios asentada e en crecemento, un bo software (atractivo, usable e sen apenas bugs), unha rede de desenvolvedores externos que se está involucrando facendo plugins e comunidade (ou sites que utilizan Spotify dalgún xeito). Pero claro,  non todo ían ser cousas bonitas, por mor das discográficas, vense obrigados a limitar o acceso a algúns contidos dependendo da procedencia do que escoita; ademáis, comeza a ser sangrante que non teñan un cliente para GNU/Linux

O tempo falará.


7 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. EMF said, on 25 Marzo, 2009 at 21:59

    Eu nom empreguei penso que nunca Last.fm e sem embargo Spotify é o segundo que arranco no equipo de sobremessa que tenho na cassa. O equipo é velho e debe ser a aplicaçóm que melhor vai e que melhor sensaçóns deixa tanto en velocidade de começo, de ejecuçóm, facilidade de usso.

    Pola minha banda: Spotify 1 – Last.fm 0

  2. opaco said, on 26 Marzo, 2009 at 0:20

    creo que totalmente desafortunada para o que vén significando last.fm, que non sería o que é sen os seus usuarios

    3€ europeos ao mes poden non significar moit,o pero noutros continentes poden ser moitos cartos e feito de que sexa gratis en tres dos países máis ricos do planeta, por moitas voltas que lle dean ao tema da publicidade, dá un pouquiño de noxo

    nin penso pagar 36€ ao ano nin vou borrar a miña conta (por se recúan), pero por eses cartos pediría un servizo máis como o de spotify só por escoitar de cando en vez as cancións que eu decida

  3. opaco said, on 26 Marzo, 2009 at 0:26

    Spotify 2 – last.fm 0 :D

  4. ascárida said, on 26 Marzo, 2009 at 18:17

    A min paréceme un erro comparar Last.fm con Spotify, sendo os dous servizos (Last.fm só coas radios) para escoitar música en streaming, nada teñen que ver. Spotify funciona baixo demanda, escoitas o que queres escoitar, mentras que con Last.fm tes un cento de posibilidades: música relacionada, a que che recomendan, a dos teus veciños, a dos teus amigos, a dun grupo, a dunha etiqueta… todas menos a de escoitar a música dun grupo en concreto.

    O chungo de Last.fm non é que poña unha funcionalidade de pago, o chungo é que vai cobrar por algo que non existiría sen todo o que aportan milleiros de usuarios. Eu preguntei no twitter:

    que pasaría se todos os que non poden acceder á radio de last.fm, coma contrapartida, borrasen todo o contido que xeraron?

  5. Spav said, on 26 Marzo, 2009 at 18:59

    Penso que iso estano conseguindo en Spotify con aplicacións (tanto web como plugins) de terceiros, bótalle un vistazo…

    Non é exactamente o mesmo, pero ven sendo algo moi similar.

    E o que comentaches no twitter, pois sí, a verdade é que se hai alguén que se poña tonto nese sentido, teñen que dar a opción de borrar todo o contido xerado (inda que non sei como está o contrato de Termos de Uso…) de tódolos xeitos, xa sabes que o usuario é vago, non eliminará o seu contido, entre outras cousas polo que dí opaco, por ver se recuan…

  6. ascárida said, on 27 Marzo, 2009 at 9:32

    Home, visto esto, en Spotify van tardar tres telediarios en poñer a funcionar todo eso da música relacionada, mellorarán o xeito de compartir playlist e todo eso… e entón, algún día volveremos saber de Last.fm por un post no recúan (tarde) e bla bla bla…

  7. Spav said, on 31 Marzo, 2009 at 16:36

    De feito, aquí se empeza a mover a cousa: http://www.spotify.com/blog/archives/2009/03/31/expanded-buy-from-feature-and-a-spanish-translation/ ;-)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: