verbas

Vergoña

Posted in do que penso by spav on 29 Maio, 2009

Ira, despois incredulidade, finalmente, vergoña.

Vergoña por pertencer ó mesmo xénero que ese señor animal. Vergoña de compartir máis do 99.99% do material xenético que me define (afortunadamente só fisiolóxicamente) con esa escoria. Vergoña por vivir nun país que permite tales declaracións coa única reacción de pedir a súa rectificación. Vergoña por saber que, malia esas declaracións, moitos pais seguirán inculcándolle ese (auto)odio ós seus fillos. Vergoña porque hai escoria que defenda tal barbaridade. Vergoña de pensar na cantidade de fanáticos que produce a industria da fé cristiá. Vergoña de pensar que este país non é quen (nin xamáis o será) de arredarse da rémora relixiosa e  levantarse aplastando coa forza da razón e a lóxica toda demostración de fanatismo relixioso. Vergoña de vivir nun país no que impera o panem et circenses.

Advertisements

Dúas gotas de fotografía

Posted in do que ollo by spav on 27 Maio, 2009
  • Descoñezo si hai algo feito por aquí que se pareza ó mural de flickr Look into the Past, pero de non habelo quero lanzar unha iniciativa pública para facelo con fotos de Galicia e sorprendernos a nós mesmos do que podemos sacar en claro.
  • Non deixen de pasarse polo portfolio na rede de Yoshiyuki Iwase, sobre todo polos seus espléndidos traballos nus.
Tagged with:

Typographic quotes

Posted in do que interneteo by spav on 23 Maio, 2009

3381433179_d3865dc14f_b-550x772

3440751479_a57e17c9e8_b

3461539017_3b4d89ae32_b

Estes son algúns dos bonitos cartaces feitos por Rètro Futurs. Todos os cartaces tipográficos nesta fermosa galería.

Tagged with: , ,

Pensando nas emocións

Posted in do que penso by spav on 22 Maio, 2009


Infinita ingenuidad, ilusión centesimal,
me creía tan capaz con mi capsula de albal,
mi torpeza fue total, de tan grande es demencial,
no detecto una señal, nunca encontraré el lugar
donde al fin me entienda.

Universos infinitos

15 franceses mortos

Posted in do que fago, do que interneteo, do que penso by spav on 18 Maio, 2009

– Dasme un bico?

– Si, douche tres. Os franceses [algúns] dan tres bicos.

– Logo, ¿se me presentan a Sarko vaime dar 3 bicos?

– …

E rematamos cunha lista de 10 15 17 persoeiros franceses que nos gustaría coñecer.

Napoleón, Truffaut, Messiaen,Cartier-Bresson, Sartre, Matisse, Fermat, Baudelaire , Saint-Laurent, Descartes, Curie, Proust, Miterrand, Rohmer, Duchamp, Coco Chanel, Gainsbourg.

Todos mortos.

Tagged with: , ,

Porque si

Posted in do que penso by spav on 17 Maio, 2009

Porque neste país somos así. Non temos ideas. Vivimos das prestadas. Non creamos, copiamos malamente.

Porque se non sabes copiar, faste funcionario. Porque se sabes copiar ben, eres un emprendedor. Porque traer cousas que ninguén trouxo aquí antes é ser un innovador. Porque somos así. Porque inda que funcione un servizo ben, nós temos que duplicalo, engadirlle o idioma como diferenciante, e creernos que lle estamos facendo un ben ó país. Porque si.

NOTA: Nos comentarios, ghanito apúntame que estou errado, e o exemplo que aporto, Libro Libre, non é unha copia, senón máis ben unha ‘localización’. Dende aquí pido disculpas polas molestias que puidera causar e pola tremenda equivocación que cometo.

Referencias

Posted in do que penso by spav on 12 Maio, 2009

Malia saber que son un Ricky Fitts, manteño a tese de Angela Hayes de “non hai nada peor no mundo que a mediocridade”.¿É posible tal dicotomía?

Vi

Posted in do que interneteo by spav on 11 Maio, 2009

visforvagina

Leonard Nimoy tamén é coñecido por ser un gran fotógrafo.

Wrong

Posted in do que penso by spav on 10 Maio, 2009

Instintos

Posted in do que penso, do que vexo by spav on 9 Maio, 2009

DYTloveisall

Mirando a palla no ollo alleo vense os instintos máis facilmente. A imaxe é de enunmardelagrimas e topada en designyoutrust.

Tagged with: ,