verbas

Dixerindo o Festival do Norte 2009 (I)

Posted in do que escoito, do que fago by spav on 4 Maio, 2009

Xa o dicía o meu director o xoves na miña graduación:

…es que, además, estos chicos, son sociables!…

E canta razón tiña, o venres e o sábado congregáronse milleiros de posturetas, chicasmonas, e algúns que fomos a escoitar música á miña cidade natal, Vilagarcía de Arousa, na neo-verbena na que se reformou o Festival do Norte.

Para reviews máis ou menos especializadas pásense por desconcierto.com e lean a Sierjo (e II) ou, de ter máis paciencia e estómago, esperen ó mes que ven e Rockdelux deglutiralles o que foi o festival en breves liñas de prosa plastificada, eu dareilles a miña opinión musical e do festival de maneira altruista.

O festival, así a grandes liñas foi…frouxo musicalmente. Pero era de esperar, o golpe dos Planetas foi moi jodido, e recuperarse diso costa bastante, porén, o festival faltoulle (alomenos unha) actuación para lembrar. Vale, The Whip ou X-Wife non o fixeron nada mal, pero non abonda. A min quedoume ese regustiño ácedo de non lembrarme dunha actuación o resto da vida (p. ex.: The Divine Comedy no 2006). Paso a desglosar o que foi para min o primeiro día:

Novelle Cuisine: Estaba no tren de camiño á miña vila (e cagándome en RENFE, as usual).

Manos de Topo: Cheguei para escoitarlles o repertorio ós topos. Ou te gustan ou os odias. Eu fixen a travesía de odialos para querelos, expoñen o seu repertorio histriónico con moita soltura, e, probablemente de complementalo con algún ‘xou’ estilo Love of Lesbian estarían encumbrados. Dicir que a tenor doutras actuacións no escenario grande, estes merecían estar alí e non nunha carpa de merda, pechada e chea a reventar.

Russian Red: Ni me la menteis…sigo sen entender este puto hype. É guapa, si, PUNTO. Non ten outra cousa máis, non sei qué lle ve a xente…Os seus concertos son como poñer o seu disco no portacedes, non hai máis que unha cara bonita e catro fraseos.

Ragdog: A pifia do festival. Los Piratas wannabe, e non chegan nin a El Canto del Loco. Que si, que sabemos que sodes de Vigo, sería polas veces que o dixéchedes…¿Como insulta a organización a xente como La Buena Vida poñéndoos nunha carpa e non pon a esta xente alí?

Templeton: Estaba inxerindo alimentos logo de 24.h de non meterlle nada (sólido) ó corpo. Polo que me dixeron, un pouco incomprendidos, pero con maneiras.

Love of Lesbian: “Love of Lesbian son Love of Lesbian facendo de Love of Lesbian” ascarida dixit. E non hai máis que dicir!.

Herman Dune: Voltei a cear unha caña e perdinmo :( Uns din que moi ben, outros din que putadón poñelos entre os lesbianos e X-Wife.

X-Wife e The Whip: Métoos no mesmo saco porque os dous foron complementarios, X-Wife moi ben aliñados, fortes malia os problemas de son que dicían ter. The Whip foi un subidón bailongo en toda regra, quitando filias ou fobias pola súa música, do mellor do festival. Aquí a organización acertou de cheo ó encadealos un detrás do outro.

En canto ós DJs, Florent y Yo moi na súa salsa xa colleu á xente de subidón de The Whip e non tivo problema de desánimo nin falta de quorum. A min gustoume, e que terminase con Pesadilla en el parque de atracciones lembroume moitas cousas, ademáis de que me fallaran os meus planetoides…Isra DJ é o residente da Sala Karma, e exerceu como tal, botándolle música ós parroquianos que xa estarían fartos (coma min) de escoitalo e querían rematar o primeiro acto da verbena. Nada nuevo bajo el sol.

11 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. ascárida said, on 4 Maio, 2009 at 12:34

    Perdeches os mellores dese día, Templeton e Herman Dune, alguén debería facercho pagar.

    De Templeton habíache gustar Brazil, seguro seguro seguro, e habíache gustar Las casas de verano en invierno, os temas “llenapistas” con todos os referentes obvios (Los Planetas, Lori Meyers…), pero tamén che ía gustar o resto. Non van ser o grupo da miña vida pero quedei con que son uns señores que se fixeron grandes (e queribles) nun entorno regulero (mala hora, mal público…) e que joder, moi ben.

    Herman Dune son víctimas dunha organización que confecciona os horarios sen pensar, non ten sentido ningún poñelos despois do espectáculo superpetardo de Love of Lesbian, pero ningún, e un escenario tan grande tampouco os favorece. Que maneira de escarallar as cousas. O público tampouco acompañou esta vez (en xeral, é a sensación que me queda das cousas que máis me gustaron) e volveume dar rabia. Con todo, estiveron xeniais, emocionantes, intensos… rarunos. Que cancións tan preciosas.

    X-Wife e The Wip. Estou ata as narices de que nos últimos anos todos os festivais rematen con grupos deste pau. Polo amor de deus, a esta xente non hai que contratala para actuar, hai que pincharlles as cancións nos bares e nas carpas, punto pelota. Non entendo cal é o motivo de que as últimas dúas horas teñan que ser eso. Canto tempo e canto espazo desperdiciado.

    Floren é un señor que toca en Los Planetas e que pinchou boa parte dos meus hits emocionais, como as dúas son cousas que me prestan, concédolle as miñas beizóns e eterna gratitude pero, joder, que maneira de pinchar tan de Libro gordo de Petete, que pouco risco. Que puto gran final.

  2. Spav said, on 4 Maio, 2009 at 12:54

    Respondendo en orde inversa:

    Coincido no de Floren, nada arriscado, incluso Rober Bodegas ó día seguinte apostou algo máis forte. Gran final, si señora. O éxito estaba asegurado tal e como viña a peña do anterior…

    O de X-Wife e The Whip é normal se xusto despois tes unha carpa chea de drogados e pasados de voltas que queren desfasar máis, estes dous grupos son o subidón que pide a xente. Se o primeiro día de festi rematase con rifs de Herman Dune queiman a caseta da organización (como mínimo). Que pouco hábil pola túa parte non darte conta destas cousas, cos festis que tes ás costas…

    Xa vai da segunda persoa que me recomenda Templeton nun periodo dun mes, tereivos que facer caso, e mira que a min non me molan os hypes…

  3. ascárida said, on 4 Maio, 2009 at 13:22

    Comezando polo fácil:

    Eu non recomendo a Templeton, ollo. Creo que no festival estiveron moi ben, que se creceron ante as adversidades e que foron riquiños. Eu non lles escoitei o disco enteiro, nen a metade, nunca. Pero ali, no momento, estiveron tremendos.

    Drogados, pasados, posturas… sabemos do que falamos, eso era o que quería decir con “a esta xente non hai que contratala para actuar, hai que pincharlles as cancións nos bares e nas carpas”. Esta vez serei menos sutil: o único que xustifica a asistencia dese tipo de grupos é que se dispara a venta de cervexa. E habendo carpas, repito, paréceme un erro. Porque despois nas carpas pasa o que pasa: risco cero, playlist de temazos (requeteoidos) que podería escupir o iPod de calquera dos presentes, e todo porque a xente chega tan “arriba” que non hai xeito de facer outra cousa. Que si, que son maior e coñezo esas maneiras. Enano…

  4. Spav said, on 4 Maio, 2009 at 13:26

    Enano con gusto, se non lle importa…

  5. anllo said, on 4 Maio, 2009 at 13:30

    hoxe na facultade non pararon de relatarme o que me perdera… resignación, que é o que me queda.

    boa crónica, á espera do relato do segundo día

    PD: “Ou te gustan ou os odias” ese ‘te’ no me lo repita ahí nuncamásenlavida ;)

  6. ascárida said, on 4 Maio, 2009 at 13:44

    Todas as persoas con gusto estabamos vendo a Herman Dune e a vostede non o vin.

  7. mourullo said, on 4 Maio, 2009 at 17:10

    Graz(i)as polo bo rato que pasei con esta primeira crónica do Festival e cos comentarios ata o momento :D

  8. Spav said, on 5 Maio, 2009 at 13:14

    @ascarida non me atopaba no concerto porque hai tempo que me quitei de ler a Rockdelux e non estou enterado dos gustos persoais (ollo, distinto de opinión obxetiva) do editor de turno.

    Iso de que me inculquen un credo non me gusta nadiña…

  9. ascárida said, on 5 Maio, 2009 at 13:48

    Menuda excusa… válenche uns hypes (The Wip, Manos de Topo…) e outros (Herman Dune) non?

    Dar conta dos motivos alleos (pobriños lectores da Rockdelux) é unha maneira moi fea de non asumir o erro de que non estabas onde debías estar (atendendo aos concertos). Perdeches o mellor concerto do día, asúmeo e deixa de tirar balóns fóra.

    A min o que non me gusta é a xente que vai aos festivais a pasearse…

  10. raoul Marín said, on 5 Maio, 2009 at 18:27

    tes un papo…

  11. Spav said, on 5 Maio, 2009 at 18:36

    Bueno, se me insinúa que andiven de paseo nos concertos…menudo chiste, cando só me perdín dous (non premeditadamente) e un foi para falar con vostede longo e tendido ;-)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: