verbas

Dixerindo o Festival do Norte 2009 (II)

Posted in do que escoito, do que fago by spav on 6 Maio, 2009

E chegou o segundo día, e co segundo día, o segundo día, o calor

Por primeira vez (ever!) pasando calor no FDN, dese que caen os paxaros… a cervexa a precio festivaleiro (nin moi cara nin tirada) baixou pola gorxa anestesiando algo a calor. E o festival seguía a medrar, máis chicasmonas, moito Napoleón Dynamite wannabe e, sobre todo, unha idade insultantemente xove, e non falo dende a xerontocracia inda…Non digo que isto sexa malo, pero cando menos, moi moi indicativo de que xa comezaba a cheirar a Vetustos por aqueles lares.

A organización, nunha cafrada monumental, ocorríuselles poñer os servicios incluídos os baños-flor para homes na parte máis alta do recinto. Non contaban con que hordas de xóvenes alcoholicos minxitasen ata facelos estoupar e todos os efluvios corresen esplanada abaixo pasando pola carpa (pechada e ó sol) e facendo un interesante efecto invernadoiro de ouriños, o cal amenizou os micro-concertos do segundo día que paso a relatar:

Noise Project: Un grupo da terra, semifinalistas do Proxecto Demo do FIB con moitas maneiras, iso sí, pouco noise e moito project. E sin que lles pareza mal, Señores, Nadadora xa se inventou… (a colación do que digo: A madalena (demo)) ;-)

Extraperlo: Este escoiteino á sombriña de FEXDEGA namentras parloteaba con ascarida e ifrit sobre o humano e o divino. Como se pode ver, non me chamaron a atención. Quén teña unha opinión mellor formada, que levante a man.

La Buena Vida: Bueno, aquí sí que a armamos. Dicir de antemán que son moi fan de LBV e dame igual que non esté Irantzu se Mikel se desvive como o fixo en cada canción, a pesares de telos posto nun palco de segunda, ó calor, e nunha mala hora. Desgranou todo o que atesora e, ademáis, un single do novo que están facendo, que sigue soando a LBV de sempre. Temazos que disfrutei pensando en se toda aquela rapazada (16-18 anos) saberían que estaban a berrar algunhas das letras máis jodidamente desalmadas que se escribiron ó norte de Granada.

Havalina: Tres compoñentes, e moi boas maneiras. Sen florituras, sen asemellarse moito a ninguén e con pouca xente, a min gustároncheme ben. De seguro dareilles outra oportunidade nunha sala máis pequena.

Cuchillo: Esta xente teloneou a Damon & Naomi. A min non me entraron ben co seu CD, pero recoñezo que fano moi moi ben. Creo que como Havalina, mellor nunha sala pequena. Unha vez máis, pouca xente :(

Standstill: A min con esta xente pásame como con Standard, non os aturo e non hai volta de folla, non lles prestei apenas atención.

The Rumble Strips: Despois de ver o día anterior tras de min ó frontman da banda cun modelito yonki moi cuco e un ollo morado, sabía que prometían. Pero eu non estaba alí. Só cheguei a escoitarlle 3 cancións que gustaron, e moito. Mágoa de concerto :_

Vetusta Morla: En fin…sin comentarios. De lonxe escoitei como fusilaron a Radiohead. O meu odio será infinito de por sempre.

Delorean: Dios, pero qué mala acústica. Moi boa escena, si, pero dios, qué mal se escoitaban. Problemas técnicos aparte, e a sabendas de que vou en contra de medio país, señores, Delorean van en picado. Non son, nin de lonxe o que chegaron a ser. Un par de momentos de semi-euforia foi todo o que me brindaron (e estando a 4 metros da valla non recibín nin atisbo de empurrón). Nunha mirada fugaz cara atrás descubrín a cara de cariacontecido de Onurb xusto detrás de min que falaba pola maioría. A-bu-rri-dos.

Pasando ós DJs, Rober Bodegas apareceu patrocinado por Merc a facer unha pinchada que conectou co subconsciente colectivo (previos hits do momento), sen arriscar e facendo unha pinchada moi do estilo dun grande ourensano das pinchadas (Isaac Pedrouzo). Onurb Blows DJ’s tróuxonos, performance incluida, o último subidón de temazos electro que non todo o mundo pode disfrutar nos seus iPods, así que convirteuse na guinda a un festival cargado de medianías, digamos que de interludio entre dous anos.

Quédome coa xente, sempre coa xente, que foi moita e moi riquiña a que me topei (coñecidos e descoñecidos). Con Manos de Topo, con La Buena Vida, con Rumble Strips e con outros tantos grupos ós que seguirei de preto. Para o ano máis e espero que mellor :)

NOTA: Baixo ningún concepto merquedes, de resaca “cachorros quentes” e vos colla o frío, pasarédelo mal, moi moi mal XD

6 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. ra said, on 6 Maio, 2009 at 11:36

    concordo contigo no de la buena vida. con irantzu ou sen ela, seguen molando. pero como eu si que son dos que vai aos festivais a pasear (polo menos a este), non podo falar de moitos máis. xa bastante fago facendo gasto aínda que o cartel me tire dun pé, non? vou por apoiar, para que se siga facendo… e para ver se o ano que vén traen grupos que me gusten máis.
    e por certo, non te vin. ou, se te vin, non te recoñecín.

  2. Spav said, on 6 Maio, 2009 at 12:36

    Non me recoñeciches Ra, que eu ben te vin con ascarida e con kate e demáis neveiros…non te saudei porque son así de tímido, pero se viches unha camiseta de Stereolab cinguida ou unha de Ian Curtis, ese era eu XD

    Tamén te vin en LBV e definitivamente, da igual que tivesen mal sonido ou o que sexa, son uns clásicos e ó carallo. E sí, moita xente (inclúome este ano) foi por apoiar ó festival, porque o cartel era ramplón, pero como xa dixen no post anterior, o dos Planetas foi moi jodido, que senón seguro que había un efecto chamada entre outros grupos e xuntábase un cartel xeitoso.

    Para o ano pedireille ós reis magos un FDN con Camera Obscura e Christina Rosenvinge!!.

  3. ascárida said, on 6 Maio, 2009 at 15:33

    O venres, apostados contra a barra, a carón do chiringuito dos tickets da bebida, fai memoria Ra… víchelo. Non o recoñeceches.

    A min non me pareceu que houbera xente tan nova, só no momento Vetusta Morla vin a xente “insultantemente nova”. De feito, teño a sensación de levar vendo á mesma xente 15 anos. Mal síntoma.

    Havalina soaban tan mal que pfff, quitáronseme as ganas todas de atenderlles. Non me pareceron nada interesantes, nin eles, nin o que cantaban, nin o que tocaban. Deberían pensar en facerse banda instrumental tipo Manta Ray taparlle a boca dunha vez a ese tipo.

    Cuchillo estiveron xeniais, e mira que empezaron malamente, floxiños e tal. Tamén creo que non é o tipo de sitio para eses señores, prestaríalles máis un ambiente recollido, un escenario menos alto, caloriña.

    Standstill estiveron que te cagas, que subidón, vivan os grupos con pasado hardcoreta! cuernos cuernos!!!

    Delorean se pueden a ir a tomar por culo

  4. ascárida said, on 6 Maio, 2009 at 15:43

    E non é que me esqueza de La Buena Vida, é que non teño moito máis que engadir. Escenario malo, sonido malo, público ausente (quitado os puretillas de diante), demasiado calor e… vale, xeniais si, pero só porque os temas vellos forman parte do noso libro de himnos.

  5. ra said, on 7 Maio, 2009 at 7:24

    tímido? o que es es un rajao!
    8p

  6. Spav said, on 7 Maio, 2009 at 11:22

    Chámalle X :P


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: