verbas

Breves notas sobre a estupidez humana

Posted in do que penso by spav on 7 Maio, 2009

Tres links e unhas pequenas reflexións que quero compartir con vos sobre o hype do momento, o virus H1N1, o meu raigame científico impídeme chamala gripe porcina.

Influenza A (H1N1). ¿Porqué han muerto solo Mexicanos?. Post de orixe mexicano que pretende achegar unha visión sobre a situación dentro do suposto país de orixe da pandemia.

Gripe por A(H1N1) – Actualización nº 17. Informe do 6 de maio da OMS sobre a evolución mundial do virus.

Mapa da gripe por A(H1N1): número de casos confirmados e de mortos.

World Malaria Report 2008. Annex 3: B. Reported malaria deaths, 1990–2007 [PDF 120kb]

  • Téñense referencias dunha enfermidade que cadra cos síntomas da malaria dende aprox. 2700 anos a.C. con orixe na antiga China. A cepa da gripe que asolaga o mundo nestes días creese que foi (re)introducida nos seres humanos arredor de 1970.
  • As gráficas de tendencias amosan a atención prestada polos mass media ó virus H1n1 (30 mortes confirmadas pola OMS ás 6:00 GMT do 6 de maio) e a covertura á epidemia mundial de malaria (a redor de 200 millóns de infeccións mundiais ó ano).
  • Contra o virus H1N1 hai 4 medicamentos: oseltamivir de nome comercial Tamiflu, fabricado polos laboratorios Roche, ademáis do zanamivir, amantadina e rimantadina, cada un adaptado a unha franxa de idade e á gravedade do caso. Para a malaria existen dúas vacunas:
    1. A denominada SPf66 descuberta por Manuel Elkin Patarroyo e descartada segundo diversos estudios por ineficaz en 1997.
    2. A denominada RTS, S/AS02A desenvolta por unha alianza entre a PATH Malaria Vaccine Initiative (pertencente á Fundación Bill e Melinda Gates), a empresa farmacéutica GlaxoSmithKline (que investiga curas para tuberculosis, SIDA e malaria para países en desenvolvemento), e o Walter Reed Army Institute of Research. Probouse en diversos estudios obtendo ata un 62% de eficacia en poboación infantil, non será comercializada ata aprox. o 2011.
  • Os mass media xogan coa opinión da sociedade de maneira plenamente consciente sabendo que a sociedade mundial tende á psicose colectiva. Así a bote pronto e que me lembre, primeiro foi a enfermedad das vacas tolas (92 casos en todo o mundo), logo a gripe aviar (176 casos e 97 mortos dende o 2003 ó 2006 en todo o mundo) e agora a gripe porcina (1516 casos confirmados, 30 mortos en todo o mundo).
  • ¿Quén está detrás dos mass media?. ¿Farmacéuticas quizais?
  • A culpa témola nós. Que cada quén pense nos motivos, hai de sobra.

Estes pensamentos xurden dende o respeto e a non diferenciación entre mortes, para min todas as mortes son igual de dolorosas, innecesarias e salvables; simplemente pretendo chamar a atención sobre o caso que se lle fai a unha e a outra epidemia.

10 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. ascárida said, on 7 Maio, 2009 at 15:47

    A conversa arredor do meu primeiro xantar no comedor do imperio textil foi sobre este tema. Flipei. As opinións da xente eran increibles e desproporcionadas, ían e viñan entre o conspiranoico e apocalíptico, que se as farmaceuticas fabrican virus a medida ou que nuns poucos días poderíamos estar todos infectados. Joder, joder, joder… Eu tamén soltei o da malaria, e engadinlle o dengue. E puxeron cara como de “ya, pero eso es allí”, e creo que ao final é eso, que se monta un barullo increible porque no primeiro mundo só sabemos mirarnos o embigo.

    Non estou segura de que as corporacións farmaceuticas estean avivando a psicose, vailles moi ben vendendo felicidade en blisters. Unha sociedade hiperconsumista que eleva cada ano a súa porcentaxe de enfermos mentais (vamos no 30% e subindo) abre máis o mercado ca unhas vacinas que aquí non vai poñer nin dios. O que non quita que aproveiten o conto para xerar (máis) patentes e venderlle un par de lotes aos ministerios de saúde.

    A nosa sociedade do benestar precisa plagas, ainda que sean imaxinarias, que lle fagan bailar os cimentos. Algo ten que ir mal. Algún mal ten que haber. E, sobretodo, alguén ten que loitar con ese mal. A maquinaria segue en movemento.

  2. Spav said, on 7 Maio, 2009 at 17:49

    Estou completamente de acordo co que argumentas, salvo no último parágrafo.

    ¿e que non hai suficientes plagas?. ¿E que o primeiro mundo (xeográficamente falando) non sofre tamén de fame?. En EEUU hai unha tasa de sin teito flipante…, no primeiro mundo tamén existe o SIDA, malia que teñamos métodos que nos protexen, seguímolo tendo. Así que non creo que necesitamos de máis plagas, o que necesitamos é un pouco de cohesión social…moito mundo globalizado e non somos quenes de sentirnos da mesma especie que eses que morren de dengue, malaria, fame….

  3. ascárida said, on 7 Maio, 2009 at 20:04

    Non me expliquei ben. Claro que que aquí temos un montón de males, pero a posibilidade de que, xa non digo duascentas mil, mil persoas nada máis se infecten de calquera cousa é remota. Falo de plaga só nese sentido. E creo que si, que aquí sempre se está buscando algo que nos acojone un rato. E vai por ciclos. Unha tempada de infeccións, unha tempada de catástrofes da natureza, unha tempada de delincuencia… e por que? por que os medios son don quijotes dándolle caña a uns xigantes que en realidade son muiños?

  4. Spav said, on 11 Maio, 2009 at 23:09

    Non entendo a metáfora final, ¿podería explicarse?

  5. ascárida said, on 12 Maio, 2009 at 13:18

    Pregúntome por que os medios nos expoñen dunha maneira tan intensa a ameazas improbables (maremotos, invasión de inmigrantes, pandemias de 35 casos…) mentres silencian os problemas que de verdade asolagan o mundo, o planeta todo ou o cacho no que vivimos.

  6. Spav said, on 12 Maio, 2009 at 13:26

    Ufff…se o soubesemos poderíamos cambialo, pero creo que se vive mellor baixo o xugo do ‘acojone’ xeralizado.

  7. ascárida said, on 12 Maio, 2009 at 15:12

    se estirases eso polo menos tres párrafos, sería guai

  8. Spav said, on 12 Maio, 2009 at 16:33

    Conciso, contundente e bo. ¿Para qué queres máis?

  9. ascárida said, on 12 Maio, 2009 at 17:13

    para saber se detrás dese rollito sentencioso hai sustancia ou aire ;)

  10. Spav said, on 12 Maio, 2009 at 17:16

    Dame un par de días e fágoche un tratado de como deberían ser as cousas ;-)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: