verbas

Vergoña

Posted in do que penso by spav on 29 Maio, 2009

Ira, despois incredulidade, finalmente, vergoña.

Vergoña por pertencer ó mesmo xénero que ese señor animal. Vergoña de compartir máis do 99.99% do material xenético que me define (afortunadamente só fisiolóxicamente) con esa escoria. Vergoña por vivir nun país que permite tales declaracións coa única reacción de pedir a súa rectificación. Vergoña por saber que, malia esas declaracións, moitos pais seguirán inculcándolle ese (auto)odio ós seus fillos. Vergoña porque hai escoria que defenda tal barbaridade. Vergoña de pensar na cantidade de fanáticos que produce a industria da fé cristiá. Vergoña de pensar que este país non é quen (nin xamáis o será) de arredarse da rémora relixiosa e  levantarse aplastando coa forza da razón e a lóxica toda demostración de fanatismo relixioso. Vergoña de vivir nun país no que impera o panem et circenses.

4 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. ascárida said, on 29 Maio, 2009 at 12:03

    Pois a min o que dixo ese señor tenme lóxica. É cardeal, cristiano católico, e considera que milleiros de abortos son un mal maior que milleiros de abusos sexuais. Que é o que molesta?. Creo que todo o mundo coñece a doutrina católica, non pode sorprenderlle a ninguén que expresen que a vida está por riba de calquera outra cousa. Ademáis posicionouse con total claridade en relación aos feitos acaecidos en Irlanda, condenouno e pediu perdón, co cal este rebumbio ainda me parece máis tramposo. Creo que a Ministra, e os medios, só tentan avergoñar a este señor. E a min eso paréceme unha maneira moi pobre de defender a reforma da lei do aborto.

  2. Spav said, on 29 Maio, 2009 at 12:15

    ¿En donde leu vostede que me sorprendan as declaracións?

    Por outro lado, ben sei de qué pau vai a igrexa católica, o que me parece indigno do ser humano é que malia esas declaracións [nas que, por se non quedou claro, trata de clasificar aberracións] haxa xente convencida de que quere inculcarlle esa maneira de pensar ós seus fillos en troques de liberalos de tal peso (ou erro, chámelle como queira).

    ¿Que as declaracións da ministra van en dirección a menoscabar a ese especimen en lugar de valorar realmente o que dí? Non digo que non.
    ¿Que pretenden xerar polémica para posicionar á sociedade? Tampouco o nego. ¿Que dita artimaña me parece rastreira e innecesaria? Si, se sabes que contas coa razón do teu lado, a simple exposición das túas razóns é peso suficiente como para vencer e convencer do que pretendes transmitir [exceptuando as ineptitudes persoais da ministra].

    Pero iso é desviarse do tema enfocándoo cara as miserias da socialdemocracia que nos goberna.

  3. ascárida said, on 29 Maio, 2009 at 12:33

    Hai un capítulo de Big Bang Theory no que Leslie Winkle rompe con Leonard Hofstadter porque ela cre que a gravidade cuántica unifica mellor a mecánica cuántica e a relatividade xeral e resúltalle intolerable que el crea que a solución está na teoría de cordas, e ao final decía: como vamos criar aos nosos fillos así?

  4. Spav said, on 29 Maio, 2009 at 12:39

    No caso de Leslie e Leonard, o tempo dará unha resposta, sen embargo, a relixión non é solución a nada, senón o problema de todo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: