verbas

Tratado de electrónica (part I)

Posted in do que escoito by spav on 30 Xuño, 2009

Autechre – Foil

Advertisements
Tagged with: ,

Da muller na fotografía

Posted in do que ollo by spav on 29 Xuño, 2009

Poucos iconos hai no mundo como a figura feminina na fotografía. Helmut Newton, Nobuyoshi Araki, Richard Kern, Eric Kroll, Larry Clark…e un longo etcétera de grandes fotógrafos que dedicaron gran parte da súa vida a retratar á muller.

Eu levo 15 días recopilando dos meus feeds todo canto teña relación coa fotografía e a muller. Sen filtro. Saquen as súas conclusións.

  • Steven Meisel fotografía a unha muller case de porcelana (Viktoriya Sasonkina). Atractiva, impecable…e 50’s. ¿Quizáis a época dourada do bo gusto no vestir?.
  • Ambush achéganos unhas polaroids de Carlo Mollino. Arquitecto, deseñador, escritor, fotógrafo, personaxe singular pola súa polivalencia. Non entendo moi ben o contexto das fotografías. Se alguén o entende, por favor, que mo explique.
  • Signe Vilstrup segue a corrente que propón a beleza da muller escanillada. Asco mil.
  • Glen Luchford centra todo o seu traballo en torno á luminosidade e á disparidade de técnicas. E unha vez máis, mulleres pouco sanas.
  • O gran Terry Richardson é o encargado do calendario Pirelli 2010, á marxe de que estou super en contra desta estupidez de calendario por motivos obvios (tufo machopirolo). As poucas imaxes que se escapan son dun making-off que non aportan moito máis que o feito de corroborar que Terry é un pillo.
  • Bettina Rheims foi a encargada de confeccionar un libro de dubidoso gusto e capricho de millonario. Lean a historia do mesmo no post, que me da algo de vergoña reproducir aquí, ó igual que as fotografías do mesmo…

Xulguen vostedes mesmos o estado do arte.

Tagged with: ,

Os misterios da mente

Posted in do que penso by spav on 28 Xuño, 2009

simCreo que dende que teño uso de razón estou tratando de entender o funcionamento do meu cerebro. O de todos os que me rodean, por extensión, por aquilo das influencias e de aprender a comportarse, así como o que está ben ou mal.

Tenteino establecendo similitudes de funcionamento, lendo sobre o tema, descendendo ata o nivel máis elemental e preguntándome o por qué dalgunhas das miñas accións máis automáticas.

A meirande parte das veces vexo esta tarefa complexa de máis, tanto como para sentenciar que será unha tarefa que me levará o resto dos meus días.

Review

Posted in do que penso by spav on 13 Xuño, 2009

Hoxe é o meu 25 cumpleanos.

E estou no mellor da vida, cos problemas típicos que vou levando, pero en xeral, ben.

Fago moitas máis cousas, sei máis que onte e menos que mañá, e o máis importante, saco máis proveito do que sei que hai un ano. Poderíase dicir que son feliz. Estou no bo camiño.

Tagged with:

Stop motion

Posted in do que interneteo by spav on 12 Xuño, 2009

Música por Röyksopp.

Tagged with:

naïf

Posted in do que vexo by spav on 7 Xuño, 2009

O video rodouse íntegramente en Catalunya e o seu director é Neil Krug, quén tamén fixo vídeos para Boards of Canada. Ademáis de director, Neil Krug é fotógrafo.

Doente

Posted in do que fago by spav on 3 Xuño, 2009

Debería falar do concerto de Wilco en Compostela, pero estou doente na cama. Polo de agora, reconfortádevos con ler estas reviews (I, II e particularmente III) de “periodistas especializados” [cos que non concordo, evidentemén]. En canto teña algo de tempo darei a miña impresión a quén poida interesar.

Os que fostes ó concerto e lidas as reviews, poderedes preguntarvos iso de Who watch the Watchmen?.

Tagged with: , , ,