verbas

Insomnio

Posted in do que fago by spav on 24 Setembro, 2009

Vai para un mes que te teño comigo, e non te entendo, nunca te entendín. Ninguén te avisou para este velorio, pero tí decidiches convidarte. E xuntámonos tí, eu, algún amigo e algún que outro coñecido. Charlamos toda a noite animadamente, mesmo semella unha reunión de amigos natural.

Pero tal e como viñeches, marchas, sen avisar, como os malos convidados. Para cando pecho os ollos sei que voltarás mañá, volves cada noite, tornas a arrincarme un cachiño máis do que me queda, do case nada que teño. Non fallas, puntual á túa cita; era de esperar se saes de min.

E namentras, a almofada pídeme a berros unha baixa por depresión. Alega que son demasiadas noites escoitándome.

Advertisements
Tagged with:

Early adopters

Posted in do que penso by spav on 2 Setembro, 2009

O conto de nunca acabar…hai uns días atrás, a marca da mazá lanzou o seu novo gatiño.

Así mesmo, na nosa escola temos dispoñible para a descarga o último xoguetiño da empresa da rúa de enfrente, o Windows 7 Professional con licenza, claro; para outro día queda a explicación da astuta idea de porqué Microsoft regala o seu software nas facultades…

Con respecto ó software libre…bueno, creo que todos sabemos que cada pouco tempo hai actualizacións corrixindo paquetes ou mellorando cousas :-)

Tres casos

O primeiro caso é o do típico rapaz que, sen moito que facer, decide que o seu é actualizar o seu Leopard para ver de primeira man esas novas cousas que agocha e que outra xente documentou moi amplamente. Pero…se xa se falou que só era un refinamento…¿qué espera a xente?. E claro, o curioso do caso será cando comece a instalar ese software básico e imprescindible na súa vida (falo do crackeado, claro) e vexa que non está soportado, ou que non funciona igual de ben. E ollo, isto non ten porqué pasar só co software crackeado, tamén pasará os primeiros días co resto do software. Claro, logo pasa o que pasa…É lei de vida.

O seguinte caso toca máis preto. O meu compañeiro de piso está emperrado en instalarlle o Windows 7 ó seu Vaio. Non tardei medio segundo en zoscarlle un capón e recordarlle que está no medio dun proxecto, ¿a qué energúmeno se lle ocorre poñerse a cambiar a arquitectura ou o SO no medio dun desarrollo?, a él, claro. Parece que mudou de obxetivo, agora é o portatil da moza o elixido. E ante a distancia que os separa, veremos como incide o novo SO no gasto en chamadas para resolver dudas e problemas referentes ó seu funcionamento…

O último caso é inda máis achegado. Eu mesmo levo meses quitándome de actualizar mono na miña linux box do laboratorio. Todo por medo a tocar algo e que se escaralle o tema no que estou metido e comece a dubidar se foi da actualización de mono ou unha metida de zoca miña. Todo isto unido á falta de documentación cando se actualiza un framework con respecto a aplicacións que corran sobre él… Xa se sabe, se algo funciona, non o toques!.

Ós protagonistas dos tres casos faría facerlles estas dúas auto-preguntas.

Realmente, ¿é máis competitivo co seu novo SO ó cal non está adaptado nin vostede nin as aplicacións que utiliza?

Buh!

Posted in do que penso by spav on 1 Setembro, 2009
Tagged with: