verbas

worm is green

Posted in do que escoito by spav on 27 Marzo, 2010
Tagged with:

Recomendacións

Posted in do que interneteo by spav on 25 Marzo, 2010

Onte, cotilleando unha conversa facebookiana entre emereci e ascárida, dinme conta do moito que necesitamos que nos recomenden cousas (last.fm, 11870.com, goodreads, google reader, etc.); temos trintamil servizos enfocados a que nos aconselle qué consumir, ains, jodida sociedade globalizada de consumo….en fin, o caso é que me din conta que case sempre preguntamos polo mesmo -series e pelis-, o resto xa o imos cubrindo nós.

Pois ben, como eu tamén teño un problema similar a emereci decidín poñerme a curiosear na rede, e topei un artigo en cnet con unha lista dos 10 engines para recomendacións de filmes, así que rendinme a ese dichoso consumismo e decidín engrosar a lista dun deses engines, concretamente Tastekid, e gustoume, teño que dicir.

A forma de recomendarche é simple, tí vas marcando como ‘gústame’ ou ‘non me gusta’ partindo dun item inicial que introduzas na caixa de búsqueda e a partir de ahí o sistema via engarzando ítems relacionados; é simple e fácil de usar, cómodo e moi tonto, e maior vantaxe que lle topo: hai cultura hispana. Ademáis disto, tamén hai que engadirlle que non só recomenda pelis, tamén música, libros, series e mesmo autores (?).

Agora o que máis me intriga é o algoritmo que utilizan para recomendar, ten pinta de interesante, pois non utiliza os gustos “dos amigos” que teñas na túa rede, senón os gustos de todos os rexistrados (!)

Vós que utilizades?

Tagged with: , ,

amiina

Posted in do que escoito by spav on 22 Marzo, 2010
Tagged with:

Rip! A remix Manifesto

Posted in do que me entero by spav on 21 Marzo, 2010

Apúntame partícula_alfa que no PlayDoc deste ano puido disfrutar do documental “Rip! A remix Manifesto” o cal, polo trailer, tenme unha pintaza caralluda con persoeiros como Cory Doctorow ou Lawrence Lessig – ó cal téñolle que meter o dente a algún dos seus libros pero xa- cotorreando sobre os dereitos dos usuarios na era dixital.

Terei que poñelo a descargar.

Reflexionando sobre seriesyonkis

Posted in do que penso by spav on 19 Marzo, 2010

O goberno español pechou [corrixido] Un día de protesta polo peche de seriesyonkis.

Fora de todo o rebumbio con razón que está a causar a Lei Sinde [PDF, 1,0 Mb e que me perdoen 20minutos polo hotlinking]; a parte de estar totalmente en contra do peche dunha web por motivos de copyright; quitando a cantidade de sandeces da Sinde (e II, III, …). Dixerindo que esa aberración de lei empurra a España a destacarse no ranking de estados noxentamente intervencionistas.

Fora de todo iso hai unha cuestión técnica a tratar: seriesyonkis [e webs similares] como modelo de web son un erro; unha paletada propia dun país no que non se pensan as cousas dúas veces técnicamente falando.

Tentarei explicarme de maneira resumida e tentando ser claro:

(more…)

Ivanovo detstvo

Posted in do que vexo by spav on 18 Marzo, 2010