verbas

Recomendacións

Posted in do que interneteo by spav on 25 Marzo, 2010

Onte, cotilleando unha conversa facebookiana entre emereci e ascárida, dinme conta do moito que necesitamos que nos recomenden cousas (last.fm, 11870.com, goodreads, google reader, etc.); temos trintamil servizos enfocados a que nos aconselle qué consumir, ains, jodida sociedade globalizada de consumo….en fin, o caso é que me din conta que case sempre preguntamos polo mesmo -series e pelis-, o resto xa o imos cubrindo nós.

Pois ben, como eu tamén teño un problema similar a emereci decidín poñerme a curiosear na rede, e topei un artigo en cnet con unha lista dos 10 engines para recomendacións de filmes, así que rendinme a ese dichoso consumismo e decidín engrosar a lista dun deses engines, concretamente Tastekid, e gustoume, teño que dicir.

A forma de recomendarche é simple, tí vas marcando como ‘gústame’ ou ‘non me gusta’ partindo dun item inicial que introduzas na caixa de búsqueda e a partir de ahí o sistema via engarzando ítems relacionados; é simple e fácil de usar, cómodo e moi tonto, e maior vantaxe que lle topo: hai cultura hispana. Ademáis disto, tamén hai que engadirlle que non só recomenda pelis, tamén música, libros, series e mesmo autores (?).

Agora o que máis me intriga é o algoritmo que utilizan para recomendar, ten pinta de interesante, pois non utiliza os gustos “dos amigos” que teñas na túa rede, senón os gustos de todos os rexistrados (!)

Vós que utilizades?

Tagged with: , ,

6 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Spav said, on 25 Marzo, 2010 at 9:42

    Por certo, este é o meu profile en TasteKid: http://www.tastekid.com/ask/profile?id=586

    (por qué demos non utilizan URLs limpas?)

  2. ascarida said, on 25 Marzo, 2010 at 11:30

    Estas cousas non acaban de funcionar, o gusto é unha cousa complexa, algo difícil de parametrizar, e a achega deste tipo de recomendadores é estatística. Hai cousas que deberían gustarme e non soporto, creo que nos pasa a todos. Prefiro o criterio de colega, de igual, prefiro o amigo antes ca as recomendacións de last.fm. Vamos, que eu non uso nada.

  3. Spav said, on 25 Marzo, 2010 at 12:36

    Por suposto que tes razón. En tanto en canto estes sistemas utilizan estatística e non intelixencia artificial pura (e inda así estes últimos non son perfectos).

    E por suposto que non pretendo dicir que isto veña a suplantar o criterio dun colega, iso sempre será mellor que calquera algoritmo de recomendación. :-)

  4. ascarida said, on 25 Marzo, 2010 at 13:33

    Entón se non funcionan para qué usalas? Nunca conversa cun amigo, ou seguindo a súa actividade en cousas como last.fm, goodreads, partigi (que cando só era de pelis e despois series molábame pero xa tende ao todismo repéleme por completo) un pode descubrir infinidade de cousas. Se un colle allmusic ou a imdb e comeza a tirar do fío non acaba nunca. Tenme pensando esto dos recomendadores, digoo en serio, qué busca un nas recomendacións programadas. Desbótase a conversa, a investigación e prefírese o automatismo. E do automatismo non aprende un nada, nin lle pon contacxioso entusiasmo; o que ten é que é inmediato, eso si. Pero que máis?

  5. IaRRoVaWo said, on 25 Marzo, 2010 at 17:25

    Eu se teño que recurrir á intelixencia artificial para que me faga recomendacións uso last.fm para a música e Filmaffinity para as películas (e series tamén).

    Con last.fm e con Spotify non me supón moito esforzo comprobar se as recomendacións de música son acertadas ou non, e en filmaffinity soen acertar.

    Pero onde estea unha recomendación dun colega que se quite a intelixencia artificial :).

  6. dorfun said, on 25 Marzo, 2010 at 18:01

    Pois na parte mecanizada uso a semente global de tvrss para a descarga automática de todos os episodios pilotos de novas series.

    Cando vexo que se descargou algo novo, miro se a serie ten pinta de gustarme na súa web oficial.

    E logo están as partes analóxicas que xa se citaron anteriormente.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: