verbas

Hitchhiking as hell

Posted in do que fago by spav on 18 Agosto, 2010

A diferencia entre unha lembranza e unha experiencia é moi simple. A lembranza pode esquecerse, a experiencia queda por sempre.

Nunca olvidarei a primeira vez que fixen hitchhiking (sen querelo) en Islandia.

O sábado houbo unha festa islandesa aquí, moita cervexa, moita parola, así que o domingo erguinme bastante canso. Cando me din conta de que xa era persoa, decidín tomarme o día on my own. Un sandwich, unha mazá, a compaña de Muriel Spark e a camiñar.

Cando levaba 2-3 km. o conductor dun patrol cheo de xente parou ó meu lado e díxome que subira. Non sabía a onde ían, só vin caras coñecidas que se aloxaban no mesmo hotel, así que subín. Cando me din conta éramos 13 personas nun Nissan Patrol do ano catapún que ía a 90Km/h por un camiño de barro. Sin embargo, en lugar de tremer co medo e co frío (só levaba un xersei), na miña cara estaba debuxada un sorriso. Todo para, 20km despois, chegar a unha praia á que ninguén pode chegar na meirande parte do ano. A sensación de soidade e de natureza agreste acompañounos nesta aventura mentras nos aferrábamos forte á carrinha.

Á volta, a sensación xeral foi a de agradecer estar vivos e de poder vivir unha experiencia tal. A paisaxe agreste dos Westfjords quedará por sempre nas miñas retinas.

Advertisements

Xogando

Posted in do que fago by spav on 16 Agosto, 2010

Agora mesmo, como moitos de vos saberedes, estou nunha estancia nun curso de tres semanas de islandés na Universidade de Westfjords.

Dentro do crash-course de islandés que temos, hai que elixir unha serie de actividades electivas, unhas máis divertidas que outras. Eu, no meu afán de entrar máis en contacto coa xente lugareña, escollín unha delas na que se desenrolaba unha especie de xogo tipo Cluedo. Dividíronnos en grupos e tíñamos que ir adiviñando unha serie de pistas encadeadas ó redor da cidade aldea de Ísafjördur e para resolvelas, ademáis de saber qué nos dicían nas pistas (en islandés, por suposto) tíñamos que interactuar cos majos lugareños tamén en islandés, acostumados xa a tratar con estranxeiros con dificultades no idioma local.

O meu grupo estaba composto por 3 rapaces alemáns e máis eu, pero como facíamos moi boas migas con outro grupo, xuntámonos con eles para axudarnos mutuamente…

Nun momento do xogo unha das pistas dicíanos que o que tíñamos que facer é chamar a un número de teléfono. Utilizando un pequeno diccionario soubemos que se trataba dunha chamada a un médico e na conversa que tíñamos que facer tiñamos que dicirlle que nos atopábamos mal e que necesitamos mediciñas (en inglés vulgarmente drugs). Eu, nun ataque de sabelotodismo adiviñei que o médico, por teléfono, diríanos que a seguinte pista estaría na farmacia local, así que poderíamos saltarnos o paso de chamar ó médico e ir directamente á farmacia a pedir drugs. Unha vez posto en común cos compañeiros de grupo, decidín asumir a responsabilidade de falar coa farmacéutica. E así foi, dirixímonos todos á farmacia e no meu pequeno coñecemento de islandés pregunteille por drugs, xa que me topaba mal esperando unha amable sorisa que me dixera onde estaba a seguinte pista…Para a miña sorpresa (e risión miña primeiro e de todo o grupo despois) a amable señorita islandesa preguntoume se quería as drugs en frasco ou en pastillas…Ante o descojone total tratei como puiden (entre risas) de dicirlle que era un xogo que se estaba levando a cabo na cidade, co único fin de mellorar o noso islandés…

Despois de moito rirnos, volvemos un paso atrás e decidimos seguir o curso normal do xogo chamando ó médico, quén por certo, nos dixo que para curar o noso malestar tíñamos que ir á licorería cercana e preguntar por unha marca de cervexas para acalmar o noso malestar (e topar a seguinte pista)…humor islandés.

Tagged with: , ,

Two icelanders

Posted in do que vexo by spav on 14 Agosto, 2010

E aquí está: o primeiro documento gráfico de dous islandeses (neste caso concreto, islandesas). Topeinas mentras mercaba estas cousas para min.

Islandesas ben vestidas

Ahí as tedes, nai e filla. Pedinlles esta foto e a nai comezou a charlar comigo, cando lle dixen que estaba intentando aprender algo de islandés sorriu amablemente e comezou a falarme en islandés comprensible cousas moi sinxeliñas, preguntoume como me chamaba, de donde era, etc. amablemente correxiume a pronunciación e doume algún consello, seguidamente díxome que hai uns anos había estado de viaxe por todo galicia; e é que outro rasgo distintivo dos islandeses é a súa ánsia de viaxar, explorar e coñecer mundo, e é que o levan nos xenes.

Por último, non puiden deixar pasar a oportunidade de dicirlles que as dúas eran moi fermosas, ó que responderon instantaneamente cun vermello vergoñento nas súas facianas que xamáis vira nunha persoa.

Disclaimer: Por suposto, non toda a xente en islandia viste xenial. Pero si que hai unha gran fochanca entre os que lle importa e os que non lle importa a apariencia.

Noutro polo distinto

Posted in do que fago by spav on 12 Agosto, 2010

Cada día que pasa un namórase máis deste país. É fácil, se unes unha bonita experiencia con xente maja e un lugar capaz de deixarte sen palabras.

Fora desta experiencia ONU e dos marabillosos paisaxes que ides vendo no meu flickr, está a riquísima cultura, tradicións e background deste país tan pequeno. Fai un par de días, cando lle daba sinais de vida á miña familia vía Skype, contáballes que é como viaxar a un hotel na lúa máis tarde con todas as nacionalidades aquí presentes chegamos á conclusión de que é un dos países coa cultura máis diferente (en sinónimo de propia) que poida existir en toda Europa, prácticamente influenciada por case nada.

Aquí, nesta parte afastada da civilización, a maior parte da xente vive de traballos que en España tacharíamos de basura, cousas simples: camareiro, caixeiro dun super, nunha factoría de bacalao, nunha gasolineira, etc. E a vida é difícil, claro, non hai posibilidades, están illados e todo iso…e nembargantes nunca na miña vida vira tanta vida nun pobo de 4.000 habitantes, nenos por todas partes, xente xoven embarazada, bicicletas, xogos e parques para os nenos; e inda que bromeaba con unha italiana hoxe dicindo que non teñen outra cousa máis que facer fillos pode que o que pase sexa, somentes, que son felices.

Tagged with: , ,

Tres detalles

Posted in do que me entero by spav on 7 Agosto, 2010

Quinto día no país das sagas, e xa me da para topar pequenas sorpresas de esta pequena sociedade cunha enorme cultura. Por iso contarei as tres primeiras, esperando que veñan moitas máis.

  • Unha vez aterrado en islandia vinme no apuro de ter que contactar coa organizadora do curso no que estou. Isto era un problema gordo…porque, básicamente, non tiña nin puta idea de quén era…unha vez averiguado o nome en facebook…e sí, a partir de ahí puiden conseguir o seu número (móbil!). En islandia teñen un directorio telefónico público de todos os números de teléfono (móbiles ou fixos) de toda persoa vivinte rexistrada no país, o que non é moi difícil, xa que a población é duns 300.000 habitantes.
  • Neste país non se ten o mesmo senso de propiedade. Si, soa raro, pero é así. A xente merca as cousas (non importa o precio, a pesar da crise de 2008, Islandia é un país forte) e cando non as utiliza simplemente déixaas; o resultado: cousas tiradas na rúa ou no medio da nada que teñen valor e que podes recoller e utilizar se queres (ata o de agora vin bicicletas bastante novas, balóns de fútbol e xoguetes para nenos). Simplemente incrible. Isto redunda en que non fan falta candados ou cousas similares, de feito inda non vin unha bicicleta ‘atada’, distínguense das tiradas porque as primeiras están aparcadas.
  • A hospitalidade. Simplemente lendaria. Non importa quén ou de onde veñas, non quedas só tirado na rúa, sempre hai alguén que che bota unha man, sempre hai alguén ahí para axudarche no que sexa e cun sorriso incrible. E por aquí corren un par de historias de rapaces que os acolleron no aeroporto simplemente por verlles cara de despistados. A amabilidade ó cubo.
Tagged with: , ,

Final do comezo

Posted in do que fago by spav on 4 Agosto, 2010

Pois si, inda non foi daquela…

…agora xa podo falar dende o norte de Islandia -virán máis posts- pero o que é chegar, custoume un collón e medio.

Quedara en que o domingo levaríannos a todos os afectados polo voo a Gatwick ás 16:00 GMT, e así foi, puntualmente ingleses alí estaban os autobuses que nos deixaron na terminal sur de Gatwick unha hora e pico máis tarde. Tocaba facer colas…e alá fomos todos, pero eu xa me cheiraba a torrada…dous voos non collen nun, ni de coña. E así foi…e claro, como non, tocoume pringar. Outro día tirado, desta volta Iceland-not-so-Express convidounos a durmir no Hilton de Gatwick. Teño aquí que facer un inciso e mencionar todo o que fixo por nos (para aquela xa éramos unha gran familia de cabreados) un anónimo traballador dunha aeroliña que non lembro: reservounos o hotel, preocupouse ó día seguinte de que embarcásemos, de que estivésemos ben acomodados no hotel, vamos, un solete.

E quedaba a recta quase-final, o embarque do día seguinte…e si, puido ser sen maiores problemas que interminables colas. Unha vez pasado o arco de seguridade quedaba…esperar e esperar e esperar máis, o avión foi retrasándose dende as 11:40 ata as 14:00 (sen despegar ata as 15:00). Quedaban 2 horas de viaxe 3 horas de viaxe (non contara co cambio horario). Eu xa lera todo o que levaba enriba…subíame polas paredes de aburrimento, e só levábamos hora e media. Púxenme a falar con unha amable familia islandesa que me estivo a contar eses típicos detalles da vida cotiá neste fermoso país (a vida familiar, a querencia polo transporte ecolóxico, a calma e quietude da cidade, e a hospitalidade lendaria). E aterramos. Islandia recibeume como debe ser, con chuvia miudiña.

Avión de IcelandAir en Keflavík

Dende alí foi cando comecei a desencaixar a mandíbula…no bus a Reykjavík, 40 km de paixase lunar nos que ía pensando en que xa perdera o booking para durmir (dous días atrás…), non sabía exactamente como contactar coa organizadora do curso (Heiðrún Tryggvadóttir) para dicirlle que chegaba tarde…e o máis importante como ir ata Ísafjörður, xa que o bus eran 9 horas interminables e sabedios con qué frecuencia tería un…

Pois ben, aquí seguín desencaixando a mandíbula: a primeira rapaza que topei diante dun mostrador resolveume todos estes problemas; axudoume a buscar o teléfono da organizadora e mesmo me deixou o seu propio móvil para chamar a Heiðrún (pronúnciase ‘géidzrun’), que me resolveu o problema do transporte ó minuto: un voo doméstico a Ísafjörður que lembrarei toda a vida.

Teteira con hélices que me levaría a Ísafjördur

Gracias a isto descubrín que en Islandia mantense un directorio telefónico on-line de todos os habitantes con movil ou fixo. Pero non contenta con parecerlle que había feito a boa acción do día deixoume o seu propio portatil, que xa estaba conectado, conseguíume unha habitación barata, e mesmo contactou cun taxista que estaba interesado en falar español para practicar. Un anxo loiro, humilde e hospitalario. Gracias dende aquí.

Despois disto decidín ir dar unha volta por Reykjavík e ir descubrindo flipando ca cidade (xa hai algo pululando polo meu flickr e máis que virá…).

Probablemente non fora a mellor aterraxe, pero dende logo que foi memorable. Cando poida deixar de babexar prometo máis.

Tagged with: , , , ,

Erasmus on Iceland…there i go!

Posted in do que fago by spav on 1 Agosto, 2010

…there i go…and stranded at Stansted Airport for a day :-/

Así,  como o ledes. A miña aventura comeza antes de tempo, a miña intención era irme para Islandia 20 días antes do normal para un curso de idioma ó norte do país. Para aforrar gastos en viaxes fixen encaixe de bolillos e conseguín voo para Islandia…facendo “unha pequena parada” de 10 horas en Stansted. Primeiro Ryanair (ben) e logo esperar por Iceland Express. E a cousa comezou divertida…cara as 19:00 hora UK e mentras devoraba un libro que tiña pendente, de esguello vin os paneis ‘Enquire airline’. Sen especificar a porta na que debía petar, púxenme a buscar, pero non atopei, e decidinme conectar pagando 1 pound/10 min. -barato, barato-. Nada máis abrir Gmail tópome con este maxestuoso mensaxe.

Travel Alert due to bird strike on one of our aircrafts your flight has been delayed until tomorrow 01Aug 2010. You will be contacted with further information.

Ole sus cojones. Pois nada, a esperar. Pecho e detrás de min topo o mostrador de Iceland Express…así que toca esperar. Pronto, un grupo de rubios arremuíñase en torno a unha señora, esta es la mía, achégome e a señora explica todo moi ben pedindo desculpas e comprensión. Bueno, hotel pago ó lado de Stansted, Wifi gratuita e a durmir, mañá ‘xa nos contactarían’. Pois alá vou.

Crentes xudeos ortodoxos

Ó despertar, logo de axeitarme, baixo a devorar algún alimento e tópome cunha nota na recepción que ven dicindo que a compañía aerea está de humor e decide pagarnos un bus para un tour de visita a Gatwick ás 16:30 hora saxona. Que majos. Bueno, darame tempo de ver weird people , ler a edición dominical do Independent (que casualmente hoxe traía a mítica ‘Pink List‘) e contar coellos polas inmediacións da terminal.

Próximamente emisións from the land of fire and ice.

Tagged with: , , ,