verbas

Final do comezo

Posted in do que fago by spav on 4 Agosto, 2010

Pois si, inda non foi daquela…

…agora xa podo falar dende o norte de Islandia -virán máis posts- pero o que é chegar, custoume un collón e medio.

Quedara en que o domingo levaríannos a todos os afectados polo voo a Gatwick ás 16:00 GMT, e así foi, puntualmente ingleses alí estaban os autobuses que nos deixaron na terminal sur de Gatwick unha hora e pico máis tarde. Tocaba facer colas…e alá fomos todos, pero eu xa me cheiraba a torrada…dous voos non collen nun, ni de coña. E así foi…e claro, como non, tocoume pringar. Outro día tirado, desta volta Iceland-not-so-Express convidounos a durmir no Hilton de Gatwick. Teño aquí que facer un inciso e mencionar todo o que fixo por nos (para aquela xa éramos unha gran familia de cabreados) un anónimo traballador dunha aeroliña que non lembro: reservounos o hotel, preocupouse ó día seguinte de que embarcásemos, de que estivésemos ben acomodados no hotel, vamos, un solete.

E quedaba a recta quase-final, o embarque do día seguinte…e si, puido ser sen maiores problemas que interminables colas. Unha vez pasado o arco de seguridade quedaba…esperar e esperar e esperar máis, o avión foi retrasándose dende as 11:40 ata as 14:00 (sen despegar ata as 15:00). Quedaban 2 horas de viaxe 3 horas de viaxe (non contara co cambio horario). Eu xa lera todo o que levaba enriba…subíame polas paredes de aburrimento, e só levábamos hora e media. Púxenme a falar con unha amable familia islandesa que me estivo a contar eses típicos detalles da vida cotiá neste fermoso país (a vida familiar, a querencia polo transporte ecolóxico, a calma e quietude da cidade, e a hospitalidade lendaria). E aterramos. Islandia recibeume como debe ser, con chuvia miudiña.

Avión de IcelandAir en Keflavík

Dende alí foi cando comecei a desencaixar a mandíbula…no bus a Reykjavík, 40 km de paixase lunar nos que ía pensando en que xa perdera o booking para durmir (dous días atrás…), non sabía exactamente como contactar coa organizadora do curso (Heiðrún Tryggvadóttir) para dicirlle que chegaba tarde…e o máis importante como ir ata Ísafjörður, xa que o bus eran 9 horas interminables e sabedios con qué frecuencia tería un…

Pois ben, aquí seguín desencaixando a mandíbula: a primeira rapaza que topei diante dun mostrador resolveume todos estes problemas; axudoume a buscar o teléfono da organizadora e mesmo me deixou o seu propio móvil para chamar a Heiðrún (pronúnciase ‘géidzrun’), que me resolveu o problema do transporte ó minuto: un voo doméstico a Ísafjörður que lembrarei toda a vida.

Teteira con hélices que me levaría a Ísafjördur

Gracias a isto descubrín que en Islandia mantense un directorio telefónico on-line de todos os habitantes con movil ou fixo. Pero non contenta con parecerlle que había feito a boa acción do día deixoume o seu propio portatil, que xa estaba conectado, conseguíume unha habitación barata, e mesmo contactou cun taxista que estaba interesado en falar español para practicar. Un anxo loiro, humilde e hospitalario. Gracias dende aquí.

Despois disto decidín ir dar unha volta por Reykjavík e ir descubrindo flipando ca cidade (xa hai algo pululando polo meu flickr e máis que virá…).

Probablemente non fora a mellor aterraxe, pero dende logo que foi memorable. Cando poida deixar de babexar prometo máis.

Tagged with: , , , ,

4 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Esteban said, on 6 Agosto, 2010 at 19:43

    Moi pronto empezaro as aventuras para ti amigo! Alégrame ver que todo che foi bien, seguro que o pasas “como un enano”.

    Unha aperta

    PD: A teitera con hélices na que fuches ten 4 anos de vida, así que non te preocupes, son avións fiables ;)

    • Spav said, on 7 Agosto, 2010 at 22:12

      Jejejeje, Boas Esteban!!!, si, sei que era nova :) menos mal que te teño a tí para confirmalo…só o supoñía. De todas formas non depende da teteira, senón do piloto…e foi ben divertido :D

      Repetirei many times.

      E por suposto que o estou pasando como un enano, vaia se non.

  2. Sak said, on 7 Agosto, 2010 at 12:54

    Como incomplas a promesa de escribir máis posts, prometo ir a Islandia a obrigarche a facelo :P

    Que saibas que do outro lado do blog hai persoas que morren de envexa!! Asique desfrútao si ou si!

    • Spav said, on 7 Agosto, 2010 at 22:14

      Sak, prometido está, of course que o farei…e se ves a Islandia espero que non sexa por iso, que sexa por babexar con estes paisaxes. :-)

      Unha aperta para os que estades desa parte.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: