verbas

Noutro polo distinto

Posted in do que fago by spav on 12 Agosto, 2010

Cada día que pasa un namórase máis deste país. É fácil, se unes unha bonita experiencia con xente maja e un lugar capaz de deixarte sen palabras.

Fora desta experiencia ONU e dos marabillosos paisaxes que ides vendo no meu flickr, está a riquísima cultura, tradicións e background deste país tan pequeno. Fai un par de días, cando lle daba sinais de vida á miña familia vía Skype, contáballes que é como viaxar a un hotel na lúa máis tarde con todas as nacionalidades aquí presentes chegamos á conclusión de que é un dos países coa cultura máis diferente (en sinónimo de propia) que poida existir en toda Europa, prácticamente influenciada por case nada.

Aquí, nesta parte afastada da civilización, a maior parte da xente vive de traballos que en España tacharíamos de basura, cousas simples: camareiro, caixeiro dun super, nunha factoría de bacalao, nunha gasolineira, etc. E a vida é difícil, claro, non hai posibilidades, están illados e todo iso…e nembargantes nunca na miña vida vira tanta vida nun pobo de 4.000 habitantes, nenos por todas partes, xente xoven embarazada, bicicletas, xogos e parques para os nenos; e inda que bromeaba con unha italiana hoxe dicindo que non teñen outra cousa máis que facer fillos pode que o que pase sexa, somentes, que son felices.

Tagged with: , ,

3 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. minhato said, on 25 Agosto, 2010 at 9:48

    Un saúdo desde Pontevedra

    Fai uns días regresamos desde Islandia despois de 6 semanas viaxando polo país, unha experiencia alucinante. Fixemos unha pequena bitácora sobre a nosa viaxe en http://deviaxe.tumblr.com/ . Eu voltaría sen dubidalo a un curso de islandés coma tí: noraboa e que o disfrutes!!
    E tamén direiche que Seiðisfjördur pareceunos un dos pobos mais entretidos de Islandia. Se queres comentarnos algo ou que che contemos algo, non dubides en escribirnos.

    • minhato said, on 25 Agosto, 2010 at 9:54

      Erro: Seiðisfjördur está na outra punta, pero o que decía de Ísafjörður segue sendo válido.

    • Spav said, on 31 Agosto, 2010 at 20:14

      Boas, cheguei hai dous días dun roadtrip arround Islandia :D

      Si, é certo, esa zona ten un encanto especial…estiven vendo o voso tumblr, si, e a verdade é que non coincidimos por pouco :)

      Incrible país, non si?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: