verbas

Xogando

Posted in do que fago by spav on 16 Agosto, 2010

Agora mesmo, como moitos de vos saberedes, estou nunha estancia nun curso de tres semanas de islandés na Universidade de Westfjords.

Dentro do crash-course de islandés que temos, hai que elixir unha serie de actividades electivas, unhas máis divertidas que outras. Eu, no meu afán de entrar máis en contacto coa xente lugareña, escollín unha delas na que se desenrolaba unha especie de xogo tipo Cluedo. Dividíronnos en grupos e tíñamos que ir adiviñando unha serie de pistas encadeadas ó redor da cidade aldea de Ísafjördur e para resolvelas, ademáis de saber qué nos dicían nas pistas (en islandés, por suposto) tíñamos que interactuar cos majos lugareños tamén en islandés, acostumados xa a tratar con estranxeiros con dificultades no idioma local.

O meu grupo estaba composto por 3 rapaces alemáns e máis eu, pero como facíamos moi boas migas con outro grupo, xuntámonos con eles para axudarnos mutuamente…

Nun momento do xogo unha das pistas dicíanos que o que tíñamos que facer é chamar a un número de teléfono. Utilizando un pequeno diccionario soubemos que se trataba dunha chamada a un médico e na conversa que tíñamos que facer tiñamos que dicirlle que nos atopábamos mal e que necesitamos mediciñas (en inglés vulgarmente drugs). Eu, nun ataque de sabelotodismo adiviñei que o médico, por teléfono, diríanos que a seguinte pista estaría na farmacia local, así que poderíamos saltarnos o paso de chamar ó médico e ir directamente á farmacia a pedir drugs. Unha vez posto en común cos compañeiros de grupo, decidín asumir a responsabilidade de falar coa farmacéutica. E así foi, dirixímonos todos á farmacia e no meu pequeno coñecemento de islandés pregunteille por drugs, xa que me topaba mal esperando unha amable sorisa que me dixera onde estaba a seguinte pista…Para a miña sorpresa (e risión miña primeiro e de todo o grupo despois) a amable señorita islandesa preguntoume se quería as drugs en frasco ou en pastillas…Ante o descojone total tratei como puiden (entre risas) de dicirlle que era un xogo que se estaba levando a cabo na cidade, co único fin de mellorar o noso islandés…

Despois de moito rirnos, volvemos un paso atrás e decidimos seguir o curso normal do xogo chamando ó médico, quén por certo, nos dixo que para curar o noso malestar tíñamos que ir á licorería cercana e preguntar por unha marca de cervexas para acalmar o noso malestar (e topar a seguinte pista)…humor islandés.

Tagged with: , ,

3 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. ifrit said, on 16 Agosto, 2010 at 13:51

    Listillo! :D ;)

  2. Esteban said, on 5 Setembro, 2010 at 18:11

    E non hai foto da cara de sorpresa na farmacia?? jejeje

  3. Spav said, on 6 Setembro, 2010 at 12:00

    Non esteban…pero a cara de perplexidade foi ben gorda XD


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: