verbas

Brevísima crónica da morte dunha sociedade

Posted in do que penso by spav on 29 Setembro, 2010

Dende o mesmo momento no que a loita polos nosos dereitos como traballadores trasladouse dende a rúa e asociacións de traballadores ós mass media, a loita fallou. Dende o mesmo momento no que un dos periódicos máis importantes do país monta un circo mediático para cubrir unha folga, a loita perdeu o seu valor.

Entón comezou a era das cifras para xustificar mentiras. Logo virá o noso fracaso como sociedade.

Alo menos teremos os altavoces do estado berrándonos ‘todo va bien, vuelvan a sus casas y continúen con sus vidas‘.

Tagged with: , ,

Fóisenos

Posted in do que escoito by spav on 25 Setembro, 2010

Levaba moito tempo loitando. Finalmente fóisenos a nosa raíña. Gracias polo que fixeches. Descansa en paz, nos chorarémoste sempre.

Tagged with: ,

Sensacións

Posted in do que fago by spav on 21 Setembro, 2010

E todo voltou comezar. Distintos xogadores, mesmo xogo. Ou case, desta volta non era entrenamento, era real. Alá partimos subidos no de sempre. Desta volta ían ser menos días, pero dende logo foron moitas máis sensacións, e, sobre todo, cores.

Landmannalaugar dende o curuto de Báhkálur (943m.)

Esa sensación de conducir un coche para cruzar un río que baixa do glaciar. Esa sensación do vento batendo na cara. Esa sensación de camiñar no medio da nada, so montañas agrestes e tí. Esa sensación de bañarse ó solpor, nu, nunha poza rodeado de natureza. Esa sensación de ter compartido algo tan fermoso como escalar unha montaña de case 1.000 metros de altura con xente de aquí e de acolá. Esa sensación de ver mudar a paisaxe cada poucos metros. Nada diso poderá quitarmo ninguén. Xamáis.

Tagged with: , ,

Overhead

Posted in do que me entero, do que penso by spav on 9 Setembro, 2010

Overhead –  8. (computing) data or steps of computation that is only used to facilitate the computations in the system and is not directly related to the actual program code or data being processed. E.g. network overhead is the header data that is required to route and transport data over network; fork overhead is the additional time and memory cost of creating and managing new processes within operating system.

overhead as it appears on wiktionary

É, con diferencia, a palabra destes días. Clases, relacións sociais, concertos, actividades, coñecer a cidade, searching for tendas básicas, etc. o resultado? un pe escordado de camiñar, moito sono/cansancio acumulado, o bolsillo tremendo, e un sorriso na cara que non se me borra en todo o día, definitivamente son un privilexiado.

Metáfora urbana preto de Laugavegur (rúa principal)

Pero non é todo tan así… Os prezos están polas nubes, facer a compra no Bónus (atentos ó logo) é toda unha manobra de enxeñería de negocios. A variedade de productos: corta; os precios: máis ben altos: 1/2 ltr. aceite oliva ∼5€, 1/2 ltr. Pantene ∼4€, 1 paquete de galletas marca blanca ∼2€, e así. Fora non é mellor…ó contrario, un café normal non o topas por menos de 2.5 euros, a cervexa está cara (4.60€ medio litro)…

Pero logo, qué está barato? pois a cultura. Os cines (hai 6 ou sete) costan o mesmo que en Ourense; ver unha expo de Munch anda nos 3 euros; se queres decorar a túa habitación podes pedir prestado arte orixinal nunha biblioteca, concertos como Ólafur Arnalds, Rökkurró, Amiina, etc son de balde ou case de balde, etc.

Entonces, de qué viven?, pois nestes lares danlle á creatividade, e moito. Na roupa, na música, no arte, no deseño…e por suposto, do turismo, cousa que comezan a darlle máis pulo logo do crack bancario de hai un par de anos.

Sen dúbida, topeime cun microcosmos dentro dun país tan pequeno. Agora só teño que disolverme nel, e seguir desfrutando.

Tagged with: , ,

Manual para unha viaxe inesquencible

Posted in do que fago by spav on 1 Setembro, 2010

Xunta 15 persoas de diferentes nacionalidades, a saber: Francia, Galicia, Catalunya, España, Italia, Finlandia, Lituania, Luxemburgo, Austria, Bélxica e Alemania. Méteos en coches automáticos destartalados. Date unha volta de 5 días por Islandia, só necesitas bañador, un abrigo, algo de roupa, cámara e gasolina. E tira para adiante.

Con diferencia esta é unha viaxe que me marcará o resto da vida.

+2000Km, 1632 ovellas contadas; tarareos e cancións no coche, traducir ‘Sin Documentos’ de Los Rodriguez a unha finesa. Penes de todo tipo en Húsavík. Baleas esquivas. Os mellores e máis cochos xeados en Akureyri. Facer tortillas para 15 persoas nas faldas do Vatnajökull. Primeiras auroras boreais moi suaviñas. O tempo o noso mellor aliado. Risas e máis risas. Durmir no coche. Molestar ó condutor de turno. Chegar a unha gasolineira pegada ó aloxamento e que se lle caia unha roda a un dos coches (!!!). Baños no paraíso termal. Volcáns e lava alá onde pises. Pobos que son gasolineiras. Planear para 15 persoas. Paseos por Egilsstaðir, ese ‘grandísimo’ pobo norteño, ás 2 da mañá para buscar unha cervexa. Calor canda os glaciares. Durmir de calquera maneira en calquera lugar. Amigos e risas compartidas. Alemáns e drinking games, bad combination. Cataratas de quitar o hipo everywhere. Terras inhóspitas. Espacio-tempo que se deforma. E logo, as paisaxes.

Tagged with: , , ,