verbas

O meu RIFF

Posted in do que fago by spav on 7 Outubro, 2010

Algúns pode que xa o saibades. Esta semana pasada presentóuseme a oportunidade de colaborar como voluntario no RIFF (Reykjavík’s International Film Festival). A oportunidade foi gracias a dous checos, Fanny e Raphael, que coñecín no EILC en agosto e que mo ofreceron no concerto de Amiina. O traballo? pois dábame igual, quería axudar, nada máis. Finalmente foi recoller e levar persoas dende o aeroporto ó hotel (o que ven sendo un runner ou driver). Algún destes viaxes a horas un pouco intempestivas…pero dende logo que mereceu a pena…gardo moi boas experiencias, ademáis do master en conducción contra os elementos (auga e vento). Sirva como exemplo de anécdota o día no que tiña que esperar a un tal ‘Jo Sol‘ e apareceme un trintañeiro moreno con pinta de italiano falando un inglés que me resultaba bastante familiar…non tardei 2 minutos en saber que era catalán Jordi Solé e que era un tipo do máis majo e falador. Non levei a ningunha celebridade…pero compartín experiencias e dende logo estas batalliñas sempre contan.

Ademáis non só gañei en experiencias, tamén me deron un pase de 60€ para ver todas as películas do festival, que rentabilicei do seguinte xeito:

  • Inside America‘ (AUT) 107 min. – Visión estereotípica (pero á vez moi achegada á realidade) da vida en Texas (USA). Varias historias de rapaces que se entrecruzan. Ben executada e mala banda sonora. (6/10).
  • A Sea Change‘ (US) 85 min. – Unha achega moi básica ó problema da acidificación mariña (como explicado para meniños). Ademáis o documental semella un culto ó ego paterno do protagonista. (6/10).
  • Videoconferencia con Noam Chomsky‘ 50 min. – Único. Corenta minutos respondendo a unha pregunta enfiando temas…vaia cabeza. Sublime. (8/10).
  • ‘A selection of short french animation movies’ (FRA) – Unha moi boa selección de temáticas misturando cousas sinxelas e divertidas con animacións con máis profundidade. Moi boa, mágoa de que o pase fose único e non puidese desfrutalo máis xente. (9/10).
  • Fake orgasm‘ (SPA) 86 min. – Sexual anarchism at it’s best. Remove moito a cabeza a pesares de que o truco poida parecer facilón. (8/10).
  • Steam of life‘ (FIN/SWE) 81 min. –  Charlas profunas nas saunas que crean un torrente de emocións finesas en cru directas ó espectador. Realmente a imaxe que temos construida da xente nórdica como fríos e sen sentimentos é totalmente distinta á realidade; teñen sentimentos, e moitos, é só que os expresan de xeito distinto. (8/10).
  • The house‘ (COL/SPA) 70 min. – A máis profunda pobreza colombiana vista dende unha familia rota por problemas familiares internos. (6/10).
  • Investigation of a Citizen Above Suspicion‘ (ITA) 112 min. – Retrospectiva sobre o director italiano Elio Petri. A película trata a investigación dun asesinato onde queda patente a incompetencia e corruptela da sociedade italiana dos 70’s contando a historia como se dunha pesada broma dun esquizofrénico se tratase. (7/10).
  • Littlerock‘ (US) 84 min. – Ás veces a distancia que xera a linguaxe entre distintas civilizacións está somentes na nosa cabeza. A comunicación non é so transmitir verbas, é tamén facer chegar sentimentos. (7/10).
  • 3 Backyards‘ (US) 87 min. – Tres febles historias de tres patios traseiros americanos contadas en interminables travellings e zooms…soporíferamente mala. (1/10).

 

Gustaríame ter rematado o RIFF mellor, inda que non me podo queixar coa cantidade de películas que vin e o ben que o pasei en compaña de Hannamari (FIN), Juho (FIN), Angela (GER), Sandra (FIN), Nina (AUT), Anne (GER), Sarianna (FIN), Gertel (EST), etc…

Tamén me gustaría ter asistido a máis películas, especialmente máis balcánicas e algo islandés, que non tiven oportunidade por mor da sinusite e as clases…pode que outro ano.

E logo, como broche, o concerto de Jóhann Jóhannsson na Hallgrímskirkja…pode que isto sexa o que chaman felicidade.

 

Tagged with: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: