verbas

Conversas

Posted in do que penso by spav on 12 Outubro, 2010

A luxemburguesa estaba tecendo unha bufanda en frente miña. Levantei a vista do meu libro e sorbín ou pouco té que me quedaba na taza.

Mirei para ela.

—Cantos idiomas falas?

A rapaza púxose a contar cos dedos mirando para o aire.

—Cinco.

Cos ollos ben abertos dígolle —Poderías gañar moito diñeiro en España. Dous mil euros de boa gana.

A rapaza baixa os ollos un momento, volve a levantalos e con medio sorriso pola vergoña dime —Os soldos en Luxemburgo rondan entre os tres mil e os cinco mil euros. O soldo base son mil douscentos euros.

Eu calo, asinto e volvo ó meu libro tentando esquencer o dato.

Pola noite bótolle un vistazo á wikipedia. Luxemburgo é o país coa renta per cápita máis alta do mundo con $83.978. E penso na rapaza, que é o máis sinxelo que coñecín en tempo. E logo penso nese estúpido eslogan da marca de reloxos.

Canta razón sin sabelo (nin querelo).

Tagged with: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: