verbas

Dende a miña humilde opinión

Posted in do que penso by spav on 30 Novembro, 2010

Hoxe decidín acudir á facultade sen o meu ordenador, con visos de estudiar do xeito clásico. Nun dos meus paróns para estirar a miña espalda (os que me coñecen saben da miña lumbalxia) decidín achegarme a unha das aulas de ordenadores para estirar a pestana e enterarme un pouquiño do que pasa pola terra. Mal feito, as usual. Cada vez que abro a prensa peninsular ou galega é para botarse a chorar e coller un avión con algún destino paradisiaco.

Desta volta tocoulle a Xornal.com e á última opinión do seu director Jose Luís Gómez titulada ¿Va mal alemania por ser un estado federal?. Quero remarcar o de opinión porque quero pensar que é só iso, unha opinión, do mesmo xeito que eu mesmo teño opinado con anterioridade.

O artigo captou a miña atención por obter ese cocktail que emborracha a vista e clama para que sexa lido co fin de atisbar qué mente pre-clara é quén de condensar, conectar e comparar (!) o estado actual do Estado no que vivimos coa potencia europea nun lixeiro artigo de opinión. Unha vez lido, señor Jose Luís Gómez, xúrdenme as seguintes dúbidas e/ou anotacións á marxe que me gustaría deixar aquí claro.

  • Cómo é vostede capaz de comparar o estado autonómico español xurdido ás presas e da man dun grupo de alquimistas das leis co artefacto político administrativo que foi a República de Weimar e, logo do impás nazi, a formulación da RDA e a RFA? (sin mencionar a incrible loxística e enxeñería lexislativa que supuxo a reunificación).
  • Cómo é vostede quén de situar a Xesús Palmou dentro da ‘progresía’ (por contraposición á ‘caverna’) cando o señor Xesús Palmou foi un dos homes clave do PP de Fraga Iribarne, expoñente vivo da españa máis rancia e antidemocrática?. E o que é máis, como é vostede quén de dicir que Galicia ten que darlle as gracias a este señor por  ser defensor dun modelo territorial a todas luces obsoleto, improductivo e ineficiente. Cantas xeracións van terán que continuar loando unha mediocridade?
  • Cómo é vostede capaz de abstraer a bonanza dun país coma a Alemaña (estado federal) con España (estado autonómico) sen ter en conta factores sociolóxicos básicos (maneira de entender o traballo, cultura de cara ó esforzo persoal no traballo, etc.), económicos (alemaña como motor da Unión Europea, renta per cápita de ambos países, etc.), xeo-estatísticos (poboación alemana vs. poboación española, orixe poboacional), históricos, etc?. O que é máis, como é vostede capaz de vincular tan á lixeira a bonanza dun país (Alemaña) co seu modelo territorial?.
  • ‘Al Gobierno de Feijóo le corresponde en ese sentido el liderazgo, tanto para poner en valor su propia existencia como para dotar de contenido su política económica, sin renunciar de paso a abrir el debate sobre las diputaciones y los ayuntamientos. Siempre será mejor hacerlo a tiempo y con tiempo que no por decreto, de un día para otro, como en Grecia’. Canto tempo leva este suposto debate aberto?. Debería ser consciente, señor Jose Luís Gómez, de que ó recurrir á manida fórmula ‘abrir el debate sobre’ so está axudando nunha cousa: a continuar mareando a perdiz dos cidadáns, facéndolles crer que no goberno (autonómico e estatal) alguén se pregunta se o modelo autonómico é axeitado a estas alturas de século. Fraco favor lle está facendo vostede ó periodismo e, a maiores, a un suposto e futuro estado federal.

Sen o máis mínimo ánimo de ofender e dende a miña humilde opinión, señor Jose Luís Gómez, creo que vostede nese artigo está misturando o touciño coa velocidade.

9 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. kutto said, on 30 Novembro, 2010 at 18:48

    O problema de España é España.

  2. Brath said, on 30 Novembro, 2010 at 19:27

    Amen!!

  3. Spav said, on 30 Novembro, 2010 at 19:45

    Kutto, eu teño unha variante; o problema de españa son os españoles. Así, en cru.

  4. kutto said, on 30 Novembro, 2010 at 20:02

    Home é unha maneira ben fodida de velo problema. Penso que en España teñen que cambiar moitas cousas, maioritarimente hábitos dos cidadáns.

    Refírome por exemplo ao modelo productivo: en España traballanse moitas horas, pero somos o país menos productivo. Dentro da miña ignorancia, teño a sensación de que os Europeos aproveitan moito máis o seu tempo. Non digo que en España sexamos vagos, senon que estamos mal organizados ou temos malos hábitos: unha das comidas fortes do día facémola antes de ir para o sobre, acostámonos tarde e custanos madrugar, xornada partida (infumable), non hai equilibrio entre traballo e vida, e podería seguir citando detalles neste sentido ata aburrirme.

    O simpático do asunto é que moi ben somos Europeos, din os políticos. Cando a realidade é “somos Europeos?”: nin papa de inglés, nin costumes, nin hábitos, nin modelos productivos, nin nada… o que verdadeiramente somos é “Las Vegas de Europa”. O pais do “todo vale”.

  5. Spav said, on 30 Novembro, 2010 at 21:53

    Unha vez máis, Sr. Kutto, dá vostede no que eu creo que é o cravo do asunto. Bravo pola análise!.

  6. Hindemith said, on 1 Decembro, 2010 at 4:38

    Estou en total acordo co exposto. Desde logo que si. A cuestión é … desde que plataforma comunicativa (de cara ao nivel de opinión política tan nula que ten unha meirande parte da cidadanía española, xa non digamos galega) se pode falar dese asunto, ainda que sexa dun modo tan trivial e vano como o que gasta no seu artigo José Luis Gómez? (i.e., tal e como andas as cousas, algo é algo, podería dicir un). A cuestión tamén é que … un goberno como o que ‘padecemos’ agora mesmo en Galicia nunca chegaría nin tan sequera a plantexar ese tema: de feito forma parte da súa ‘des-ideoloxía’ o mesmo plantexamento de impedir tratar ese asunto, a non ser mediante o ridículo eslogan de pandereta e baixos fondos “la gente no piensa en esas cosas ni le interesan” (no toca; a xente está polo ‘panem e circenses’, aquí e hai 21 séculos). En definitiva, nivel CERO para poder traer á realidade (ainda que sexa a comunicativa) un tema político que considero dos máis importantes, onte, agora e mañá, e desde todas as ópticas posibeis.

  7. Spav said, on 1 Decembro, 2010 at 10:24

    Hindemith, continúo onde o deixaches.

    Concordo no exposto, e engado que a ese nivel CERO coido que a historia deu a razón á política cando se dí que cada pobo ten os políticos que se merece…e que é así, a política exposta nun país é, nin máis nin menos que un estrato social do mesmo, polo que pecho o círculo aberto un pouco máis arriba cando dixen que o problema de España son os españoles.

    Unha sociedade pouco cohesionada; unha clase periodística deplorable (xa non digamos que se informe ou non, e que non se investiga!) en contraposición co periodismo feito en UK (The Independent ou The Guardian); un sistema educativo pésimo e feito a base de arranxos mal feitos cada 4 anos; pouco máis de 30 anos de democracia daquela maneira; un país onde se utiliza o termo i+D+i para gañar eleccións; unha guerra e unha posguerra mal pechadas, etc… e querémonos comparar a un país como Alemaña. Ademáis de tontos presuntuosos.

  8. Juan said, on 2 Decembro, 2010 at 16:04

    ¿Por qué los que se oponen al Estado de las Autonomías son la “caverna”? ¿Acaso el Estado de las Autonomías es un dogma incuestionable, como la Santísima Trinidad? Es un modelo de organización territorial sujeto, por lo tanto, a discusión. No es un derecho natural cuya conculcación nos lleve a una situación de barbarie. Alemania no va mal por ser un estado federal, tampoco EEUU va mal por eso. Pero es falso que el nacionalismo quiera un estado federal, eso es solo un banderín de enganche ideológico para incautos. El nacionalismo reclama una solucíón particular para una comunidad desigual. El federalismo es un sistema de organización territorial entre iguales. Tan importante para el sostenimiento de una organización federal es la atribución de competencias a los entes federados como a la Federación: es decir, tan importante es establecer el ámbito de competencias de los länder o estados como señalar aquellas competencias que no pueden asumir por ser competencia de la Federación. Por eso en EE UU se habla de leyes federales o delitos federales. El discurso nacionalista no puede aceptar un techo previamente establecido para el ámbito de la soberanía que reclama. Es verdad que el Estado de las Autonomías no ha logrado colmar las aspiraciones nacionalistas. Pero es falso que la federación sí vaya a hacerlo. Lo importante para el nacionalismo no es lo ya conseguido sino lo que está por conseguir. Y lo que está por conseguir es el trecho que nos separa de la situación actual a la independencia plena, es decir, la soberanía. Que de verdad los nacionalistas quieran recorrer ese trecho hasta el final, ya es harina de otro costal. Me temo que no. Necesitan esa referencia virtual permanente para seguir teniendo algo que reclamar, “porque aun nos queda mucho por hacer”. Si no nos quedara, si ya lo hubiéramos conseguido todo, el nacionalismo perdería su razón de ser. Pero con la federación el problema va a seguir siendo exactamente el mismo. Existirá, todavía, un trecho que recorrer. Con la salvedad de que la federación supone una delimitación de atribuciones mucho más diáfana que el Estado de las Autonomías. Y esa diáfana delimitación necesariamente es contraria a las exigencias nacionalistas. El nacionalismo tiene mucho mejor encaje en el Estado de las Autonomías que en una federación. Porque en el Estado de las Autonomías el proceso de transferencia de competencias nunca está cerrado del todo. A otro con estos cuentos.

  9. Spav said, on 3 Decembro, 2010 at 1:07

    Ola Juan, bueno, logo de re-ler o meu post e de ler dúas veces os comentarios inda estou pensando quén fixo referencia aquí ó nacionalismo :-?

    Pero vaia, que o que dis ben dito está.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: