verbas

On icelandic banking

Posted in do que me entero by spav on 13 Marzo, 2011

Nunca fun moito de escoitar spoken word. Sin embargo teño que dicir que este video de Hallgrimur Hellgason (creador da novela que daría paso á película, 101 Reykjavík), paréceme cautivadoramente irónico, á par que ilustrativo en canto ó colapso bancario nesta illa xeada.

Tagged with: , , ,

Tal cual

Posted in do que me entero by spav on 21 Novembro, 2010

A cabeza de ovella cocida é un manxar típico e os panos para os mocos son vistos como de mala educación.

Tagged with: , ,

Guía para atacar a friaxe

Posted in do que me entero by spav on 1 Novembro, 2010

Cando o termómetro baixa de cinco graos saímos pitando das casas a buscar nas tendas un abrigo de tres cuartas de grosor. En España, en xeral, estamos mal acostumados a vestir contra o frío. Non sabemos combatir o frío. Eu tampouco.

Persoalmente, cando visto contra o frío adoito poñer unha camiseta de manga curta, un xersei e o abrigo e váleme perfectamente para dous ou tres días de frío intenso en Ourense, pero o frío do norte é distinto. Reykjavík é unha cidade fría (non tanto como Helsinki ou Oslo) pero ten algo que a fai diferente: o vento húmido. Ese vento ártico, húmido e constante cala ó máis rexio. É por iso que cando comezou aquí o frío (sobre o 18 de outubro as temperaturas baixaron a catro graos de máxima) comecei a falar coa xente do norte para saber como vestían, pois eu seguía sentindo frío a pesares de levar bo abrigo e calzado. Estes foron algúns dos consellos que reunín de islandeses, noruegos, suecos e fineses:

  • O máis importante a manter quente por orde de importancia: a cabeza, os pes, a cara, as mans e os brazos. Tendo estes puntos a salvo a sensación térmica aumenta e con ela o benestar ó saír á rúa.
  • Vestir en capas. Nunca algo moi gordo ou con apariencia de quentiño, mellor moitas cousas finas. Axúdanos a manter unha capa de aire quente entre prendas, que é o que nos mantén quentes. Ademáis é máis sinxelo ó entrar nos lugares con calefacción irse desvestindo segundo a túa sensación térmica.
  • Quitarse capas no momento no que entras nun lugar calefactado. O motivo é non sentir frío ó saír á rúa así como non suar (básico, pois o suor convírtese en xeo ó saír á rúa).
  • Vestir roupa transpirable. Parece unha tontería, pero é moi importante non suar no norte. Como dixen no punto anterior, suor e frío non se levan ben. Se adoitas ser unha persoa que sua moito trata de levar as máximas capas transpirables posibles.
  • Coida a cabeza, que é a que garda as ideas. O gorro sempre no bolso, nunca se sabe cando comeza o vento.
  • Utiliza la para os pes. En España adoito a utilizar calcetíns con licras e outros sintéticos. A licra e demáis sintéticos son o peor para os pes: suas e non deixa sair o suor, co que ó saír á rúa non tardas dous minutos en ter os pes frios como a neve. A la é un material básico nestas latitudes. Transpira xenial, da calor e os islandeses aprenderon a facela cool cos seus deseños. Úsaa.
  • Quita os zapatos ó entrar nunha casa. Aquí é de educación, pero ten unha utilidade. Deixar respirar os pes e secar os zapatos por dentro.
  • Por último, como me dixeron varias veces: fai frío cando baixa de -10ºC. Ata entón estase ben.

Probablemente moitos dos consellos xa os coñecíades ou parécenvos lóxicos. De calquera xeito, espero que vos sirvan de algo se tedes que pasar unha tempada ó fresquiño.

Tagged with: , ,

Overhead

Posted in do que me entero, do que penso by spav on 9 Setembro, 2010

Overhead –  8. (computing) data or steps of computation that is only used to facilitate the computations in the system and is not directly related to the actual program code or data being processed. E.g. network overhead is the header data that is required to route and transport data over network; fork overhead is the additional time and memory cost of creating and managing new processes within operating system.

overhead as it appears on wiktionary

É, con diferencia, a palabra destes días. Clases, relacións sociais, concertos, actividades, coñecer a cidade, searching for tendas básicas, etc. o resultado? un pe escordado de camiñar, moito sono/cansancio acumulado, o bolsillo tremendo, e un sorriso na cara que non se me borra en todo o día, definitivamente son un privilexiado.

Metáfora urbana preto de Laugavegur (rúa principal)

Pero non é todo tan así… Os prezos están polas nubes, facer a compra no Bónus (atentos ó logo) é toda unha manobra de enxeñería de negocios. A variedade de productos: corta; os precios: máis ben altos: 1/2 ltr. aceite oliva ∼5€, 1/2 ltr. Pantene ∼4€, 1 paquete de galletas marca blanca ∼2€, e así. Fora non é mellor…ó contrario, un café normal non o topas por menos de 2.5 euros, a cervexa está cara (4.60€ medio litro)…

Pero logo, qué está barato? pois a cultura. Os cines (hai 6 ou sete) costan o mesmo que en Ourense; ver unha expo de Munch anda nos 3 euros; se queres decorar a túa habitación podes pedir prestado arte orixinal nunha biblioteca, concertos como Ólafur Arnalds, Rökkurró, Amiina, etc son de balde ou case de balde, etc.

Entonces, de qué viven?, pois nestes lares danlle á creatividade, e moito. Na roupa, na música, no arte, no deseño…e por suposto, do turismo, cousa que comezan a darlle máis pulo logo do crack bancario de hai un par de anos.

Sen dúbida, topeime cun microcosmos dentro dun país tan pequeno. Agora só teño que disolverme nel, e seguir desfrutando.

Tagged with: , ,

Tres detalles

Posted in do que me entero by spav on 7 Agosto, 2010

Quinto día no país das sagas, e xa me da para topar pequenas sorpresas de esta pequena sociedade cunha enorme cultura. Por iso contarei as tres primeiras, esperando que veñan moitas máis.

  • Unha vez aterrado en islandia vinme no apuro de ter que contactar coa organizadora do curso no que estou. Isto era un problema gordo…porque, básicamente, non tiña nin puta idea de quén era…unha vez averiguado o nome en facebook…e sí, a partir de ahí puiden conseguir o seu número (móbil!). En islandia teñen un directorio telefónico público de todos os números de teléfono (móbiles ou fixos) de toda persoa vivinte rexistrada no país, o que non é moi difícil, xa que a población é duns 300.000 habitantes.
  • Neste país non se ten o mesmo senso de propiedade. Si, soa raro, pero é así. A xente merca as cousas (non importa o precio, a pesar da crise de 2008, Islandia é un país forte) e cando non as utiliza simplemente déixaas; o resultado: cousas tiradas na rúa ou no medio da nada que teñen valor e que podes recoller e utilizar se queres (ata o de agora vin bicicletas bastante novas, balóns de fútbol e xoguetes para nenos). Simplemente incrible. Isto redunda en que non fan falta candados ou cousas similares, de feito inda non vin unha bicicleta ‘atada’, distínguense das tiradas porque as primeiras están aparcadas.
  • A hospitalidade. Simplemente lendaria. Non importa quén ou de onde veñas, non quedas só tirado na rúa, sempre hai alguén que che bota unha man, sempre hai alguén ahí para axudarche no que sexa e cun sorriso incrible. E por aquí corren un par de historias de rapaces que os acolleron no aeroporto simplemente por verlles cara de despistados. A amabilidade ó cubo.
Tagged with: , ,

Rip! A remix Manifesto

Posted in do que me entero by spav on 21 Marzo, 2010

Apúntame partícula_alfa que no PlayDoc deste ano puido disfrutar do documental “Rip! A remix Manifesto” o cal, polo trailer, tenme unha pintaza caralluda con persoeiros como Cory Doctorow ou Lawrence Lessig – ó cal téñolle que meter o dente a algún dos seus libros pero xa- cotorreando sobre os dereitos dos usuarios na era dixital.

Terei que poñelo a descargar.

Ata sempre, Kodachrome

Posted in do que me entero by spav on 1 Xullo, 2009

Kchromorig-A

O carrete Kodachrome morreu, longa vida a Kodachrome. Os que coñecemos a película sabemos os bonitos momentos que nos brindou. A fotografía química vai morrendo ós poucos.

Todo o que lle queiran dicir, aquí.

Roman, ¿demo ou vítima?

Posted in do que me entero, do que penso by spav on 8 Febreiro, 2009

O xoves 12 a cadea de televisión Cuatro emite ‘Roman Polanski, Wanted and Desired’. Ten boa pinta, xa que trata o tema escabroso do director polaco nacionalizado francés. O creador de películas como Chinatown, Cul de sac ou máis recentemente, The Pianist; é un director cunha obra para ter moi en conta, pero ten un pasado un tanto escabroso cunha acusación de violación a unha menor con fuxida incluída (e posterior posta na lista de busca e captura do FBI) ou a morte sanguinolenta da súa muller, Sharon Tate a mans dunha discípula de Charles Manson. Dicir que o documental foi feito pola cadea americana HBO, co cal pódome facer unha idea de por onde tirará dito documental, ó máis puro estilo (tendencioso) de Jon Sistiaga.

Agora ben, detrás do creador…¿qué hai?, ¿un violador?, ¿unha cabeza de turco da industria cinematográfica americana?. A súa obra é indiscutible, pero, ¿qué hai da súa vida? ¿podese admirar a obra dalguén olvidando á persoa?, eu persoalmente non son quén de separar a obra do autor, o seu traballo da persoa, valga como exemplo Leni Riefenstahl.

Don’t ask

Posted in do que me entero by spav on 6 Febreiro, 2009

One of the marvelous little wrinkles of the quantum world is a condition known as superposition, in which a particle can occupy two states at the same time. (Don’t ask; it just can.)

Fonte:Teleportation is Real na revista Time.

Tagged with: ,

Bassico

Posted in do que me entero, do que ollo by spav on 16 Abril, 2008

Teatro no Auditorio de Ourense, “La Revelación” de Leo Bassi, ás 23:00h.

Leo Bassi.

Tagged with: , ,