verbas

Antroponimia islandesa

Posted in do que vexo by spav on 4 Febreiro, 2011

Aðalheiður. Einar. Gyða. Þorgeir. Guðfinnur. Brynhildur. Jón. Védís. Þórarinn. Sindri. Gísli. Sigrún. Guttormur. Aðalsteinn. Halldór. Magnús. Edda. Hörður. Sigurður. Guðmundur. Ægir. Auður. Sölvi. Ingigerður. Haraldur. Gunnar. Ólöf. Hrafnhildur. Ýr. Hafdís. Ásta. Ævar. Lovisa. Ingveldur. Þorkell. Hjalti. Páll. Steinunn. Þorbjörn. Ívar. Haukur. Engilráð. Svanhildur. Þór. Guðlaugur…

E así ata non parar. Trescentas mil persoas cunha variedade antroponímica que asusta. Non só son fermosas/os pola súa beleza, tamén o son polos seus nomes.

Advertisements
Tagged with: ,

Videocracy

Posted in do que vexo by spav on 12 Outubro, 2010

Videocracy é un documental sobre a vida televisiva e política de italia nos últimos 30 anos. Un home, Silvio Berlusconi, nacido da nada fixo un país á súa medida. Unha televisión para o seu divertimento persoal (chicas semi-nuas, famoseo e ‘xente ben’); un imperio de amizades; un partido político que, finalmente o levarían ata a presidencia dun país. Un mundo arrepiante diante das nosas narices.

Resulta realmente incrible o alleos que estamos ante este tipo de televisión nun país irmán de españa, e á vez resulta arrepiante pensar que os tentáculos de Silvio chegan ata o noso país e a influencia deste tipo de televisión comeza a facerse palpable nas nosas pantallas.

Podedes ver o documental Videocracy en inglés en Vidreel.com.

Tagged with: , ,

Two icelanders

Posted in do que vexo by spav on 14 Agosto, 2010

E aquí está: o primeiro documento gráfico de dous islandeses (neste caso concreto, islandesas). Topeinas mentras mercaba estas cousas para min.

Islandesas ben vestidas

Ahí as tedes, nai e filla. Pedinlles esta foto e a nai comezou a charlar comigo, cando lle dixen que estaba intentando aprender algo de islandés sorriu amablemente e comezou a falarme en islandés comprensible cousas moi sinxeliñas, preguntoume como me chamaba, de donde era, etc. amablemente correxiume a pronunciación e doume algún consello, seguidamente díxome que hai uns anos había estado de viaxe por todo galicia; e é que outro rasgo distintivo dos islandeses é a súa ánsia de viaxar, explorar e coñecer mundo, e é que o levan nos xenes.

Por último, non puiden deixar pasar a oportunidade de dicirlles que as dúas eran moi fermosas, ó que responderon instantaneamente cun vermello vergoñento nas súas facianas que xamáis vira nunha persoa.

Disclaimer: Por suposto, non toda a xente en islandia viste xenial. Pero si que hai unha gran fochanca entre os que lle importa e os que non lle importa a apariencia.

Ivanovo detstvo

Posted in do que vexo by spav on 18 Marzo, 2010

naïf

Posted in do que vexo by spav on 7 Xuño, 2009

O video rodouse íntegramente en Catalunya e o seu director é Neil Krug, quén tamén fixo vídeos para Boards of Canada. Ademáis de director, Neil Krug é fotógrafo.

Instintos

Posted in do que penso, do que vexo by spav on 9 Maio, 2009

DYTloveisall

Mirando a palla no ollo alleo vense os instintos máis facilmente. A imaxe é de enunmardelagrimas e topada en designyoutrust.

Tagged with: ,

Vintage & weird

Posted in do que interneteo, do que vexo by spav on 1 Maio, 2009
Tagged with: , ,

Días de cine

Posted in do que vexo by spav on 15 Decembro, 2008

Que diría o gran Antonio Gasset. Estes días, lonxe de inquedarme por quén pasa e deixa o seu rastro polo meu blogue, dediqueime ó cine. Leveime uns cantos fiascos e gratas sorpresas.

Persépolis. Basada no comic homónimo. Cunha boa historia, foi como ver as follas do comic pasar a toda prisa. Lástima de ir máis alá, a historia prestábase. E si, son dos que non me quito esa versión de Chiara Matroianni da cabeza.

Irina Palm. E con esta xa é a segunda vez que a vexo. Moito mellor en VOS. Creo que ver á Faithful de abuelita enrollada ten o seu morbo. A banda sonora resúltame a máis enfermizamente rallante da historia do cine (e sí, estou contando con Pi) .

Into the Wild. Sean Penn non é americano, ten parentes entroncados con Truffaut. Xa perdín a conta das veces que esta película me fixo chorar. ¿Ten algún punto debil? Eu non llo dou topado.

The Life and Death of Peter Sellers. Biopic de Peter Sellers. Detrás do Inspector Clouseau había sexo, drogas e malos tratos. Gustoume a pesar de Geofrey Rush.

Cassandra’s Dream. Que alguén me explique porqué Collin Farrel non actúa sempre así. O de Ewan McGregor xa é máis normal, ¿a alguén lle sorprende que faga un papelón?. Por outro lado, creo que estou padecendo algún tipo de enfermidade, con esta xa son 3 películas de Woody Allen que me gustan. Teño medo.

My blueberry nights. A última de Wong Kar-Wai. Cada vez a peor, a historia é nefasta, e Norah Jones definitivamente non é actriz. A película sálvase por esa fotografía súa. Hai quén dí que Wong Kar-Wai coñeceu Hollywood, non o nego. Pero eu penso que sempre foi máis un contador que un creador de historias.

Tras a publicidade e promocións, nuns minutos regresamos.

¿Obra maestra ou basura?

Posted in do que vexo by spav on 8 Decembro, 2008

darjeeling

Inclínome por obra maestra.

Tagged with: ,

Sen_título

Posted in do que vexo by spav on 27 Novembro, 2008

2386139814_df0ed0ee7e_b

Foto de Eric Kroll da serie “Sex Objects.”

Tagged with: , ,