verbas

Dúas illas

Posted in do que penso by spav on 15 Marzo, 2011

“La diferencia es que, en Islandia, dejamos que los bancos quebrasen. Se trataba de bancos privados, y no les inyectamos dinero para mantenerlos a flote; el Estado no compartió la responsabilidad del fracaso de los bancos privados”

Olafur R. Grimsson. Presidente da República de Islandia, fragmento do artigo con data 5 de decembro de 2010 “Dos islas hundidas por la banca” publicado no diario El Pais.

Eles decidiron o seu camiño, o difícil. O resto do mundo optou a vía fácil. Supoño que estas 300.000 persoas poden saír desta illa coa cabeza máis alta que ningunha persoa no mundo; namentras nós rumiamos as nosas cafradas.

Advertisements
Tagged with: , ,

On icelandic banking

Posted in do que me entero by spav on 13 Marzo, 2011

Nunca fun moito de escoitar spoken word. Sin embargo teño que dicir que este video de Hallgrimur Hellgason (creador da novela que daría paso á película, 101 Reykjavík), paréceme cautivadoramente irónico, á par que ilustrativo en canto ó colapso bancario nesta illa xeada.

Tagged with: , , ,

Dixerindo o Festival do Norte 2009 (I)

Posted in do que escoito, do que fago by spav on 4 Maio, 2009

Xa o dicía o meu director o xoves na miña graduación:

…es que, además, estos chicos, son sociables!…

E canta razón tiña, o venres e o sábado congregáronse milleiros de posturetas, chicasmonas, e algúns que fomos a escoitar música á miña cidade natal, Vilagarcía de Arousa, na neo-verbena na que se reformou o Festival do Norte.

Para reviews máis ou menos especializadas pásense por desconcierto.com e lean a Sierjo (e II) ou, de ter máis paciencia e estómago, esperen ó mes que ven e Rockdelux deglutiralles o que foi o festival en breves liñas de prosa plastificada, eu dareilles a miña opinión musical e do festival de maneira altruista.

O festival, así a grandes liñas foi…frouxo musicalmente. Pero era de esperar, o golpe dos Planetas foi moi jodido, e recuperarse diso costa bastante, porén, o festival faltoulle (alomenos unha) actuación para lembrar. Vale, The Whip ou X-Wife non o fixeron nada mal, pero non abonda. A min quedoume ese regustiño ácedo de non lembrarme dunha actuación o resto da vida (p. ex.: The Divine Comedy no 2006). Paso a desglosar o que foi para min o primeiro día:

Novelle Cuisine: Estaba no tren de camiño á miña vila (e cagándome en RENFE, as usual).

Manos de Topo: Cheguei para escoitarlles o repertorio ós topos. Ou te gustan ou os odias. Eu fixen a travesía de odialos para querelos, expoñen o seu repertorio histriónico con moita soltura, e, probablemente de complementalo con algún ‘xou’ estilo Love of Lesbian estarían encumbrados. Dicir que a tenor doutras actuacións no escenario grande, estes merecían estar alí e non nunha carpa de merda, pechada e chea a reventar.

Russian Red: Ni me la menteis…sigo sen entender este puto hype. É guapa, si, PUNTO. Non ten outra cousa máis, non sei qué lle ve a xente…Os seus concertos son como poñer o seu disco no portacedes, non hai máis que unha cara bonita e catro fraseos.

Ragdog: A pifia do festival. Los Piratas wannabe, e non chegan nin a El Canto del Loco. Que si, que sabemos que sodes de Vigo, sería polas veces que o dixéchedes…¿Como insulta a organización a xente como La Buena Vida poñéndoos nunha carpa e non pon a esta xente alí?

Templeton: Estaba inxerindo alimentos logo de 24.h de non meterlle nada (sólido) ó corpo. Polo que me dixeron, un pouco incomprendidos, pero con maneiras.

Love of Lesbian: “Love of Lesbian son Love of Lesbian facendo de Love of Lesbian” ascarida dixit. E non hai máis que dicir!.

Herman Dune: Voltei a cear unha caña e perdinmo :( Uns din que moi ben, outros din que putadón poñelos entre os lesbianos e X-Wife.

X-Wife e The Whip: Métoos no mesmo saco porque os dous foron complementarios, X-Wife moi ben aliñados, fortes malia os problemas de son que dicían ter. The Whip foi un subidón bailongo en toda regra, quitando filias ou fobias pola súa música, do mellor do festival. Aquí a organización acertou de cheo ó encadealos un detrás do outro.

En canto ós DJs, Florent y Yo moi na súa salsa xa colleu á xente de subidón de The Whip e non tivo problema de desánimo nin falta de quorum. A min gustoume, e que terminase con Pesadilla en el parque de atracciones lembroume moitas cousas, ademáis de que me fallaran os meus planetoides…Isra DJ é o residente da Sala Karma, e exerceu como tal, botándolle música ós parroquianos que xa estarían fartos (coma min) de escoitalo e querían rematar o primeiro acto da verbena. Nada nuevo bajo el sol.

Escafandras e outras herbas

Posted in do que penso, do que vexo by spav on 26 Febreiro, 2008

Fai uns días tiven o privilexio de ver (en DivX, por suposto, a programación cinéfila de Ourense non da para máis) Le Scaphandre et le Papillon de Julian Schnabel. Para os mortais que non se apuntaran a un curso de francés vía CCC titularémola “La Escafandra y la Mariposa”; e digo privilexio non só pola película, senón tamén pola compaña, que ás veces é moi aconsellable e mesmo necesaria para unha película así, por aquelo de comentar puntos de vista…esas cousas que só fai a sociedade pequeno-burguesa, tamén chamada progre ou gafapasta, malditas etiquetas…

A película hai que dicir que é moi boa. Consegue que o expectador sinta o que  sinte o protagonista tanto por medios visuais coma sonoros ou mesmo recurrindo a unha fermosa voz en off (en perfecto francés, por suposto). A historia é digna de ser contada, mágoa que non sexa unha película mainstream e que a maior parte da xente non chegue sequera a saber dela. Só lle topei un resquicio polo que podería atacala vilmente e fustigala ata cansarme, o seu paralelismo con Mar Adentro é innegable, ata certo punto que, ó meu parecer, o final é mesmo predeciblemente similar ó perpetrado por Amenabar.

Persoalmente, coido que todo o mundo ten a súa propia escafandra; a miña é unha ansiedade que, por momentos dócil ou indomable, tórnase no meu propio síndrome locked-in facendo que fique atrapado esta vez pola miña cabeza, a cal non me deixa realizar cousas que o meu corpo sí soporta. É difícil de explicar a quén non padece desta enfermidade; resúmese básicamente no descontrol dos parámetros normais dun sentimento, o medo.

Cada un ten os seus demos propios, cos que ten que convivir toda a súa existencia e turrar e teimar para que estes non sexan os culpables de levalo á tumba. Isto enlaza claramente coa outra película que vin hai pouco, o biopic de Ian Curtis que non soubo/foi quén de levar a súa epilepsia e terminou por aforcarse o 18 de maio de 1980 con 23 anos. Mágoa.